Mettmann, Walter
Filólogo alemán. Estudou filoloxía románica e árabe nas universidades de Colonia e París e doutorouse cun traballo sobre o teatro relixioso de Tirso de Molina. Desde 1962 dirixiu o seminario de filoloxía románica da Universidade de Münster. Especialista en literatura medieval, é autor de diversos estudos de crítica literaria e de edicións de textos casteláns (Historia de la Donzella Teodor, La Celestina), cataláns e franceses (Roman de Tristan, Villon). Ademais fixo diversas edicións e ensaios de obras medievais da literatura galega como a das Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio (1959-1972), das que elaborou diferentes edicións en Galicia e Portugal. Foi coeditor da revista Ibero-Amerikanisches Archiv e dirixiu a colección La Littérature dans la Péninsule Ibérique aux XIVe et XVe siècles (1983-1985). É membro da Rheinisch-Westfälische Akademie der Wissenschaften e membro correspondente da Academia de Ciências de Lisboa (2002) e da Akademie der Wissenschaften en Göttingen.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Colonia