"bat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos tensioactivos obtidos a partir do alcohol hexavalente sorbitol. Son emulxentes non iónicos que xa entraron en practicamente todas as farmacopeas. Comercialmente son máis coñecidos polo nome de Tweens (T).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar no antigo concello de Pontesampaio (hoxe parroquia de Ponte Sampaio no concello de Pontevedra) entre o exército francés ao mando do mariscal Michel Ney e un grupo de veciños e tropas lideradas por P. Morillo e o conde de Noroña durante os días 7 e 8 xuño de 1809. As forzas locais cortaron as pontes de Ponte Caldelas e Sampaio sobre o río Oitavén e dispuxéronse nos vaos do río á espera dos franceses, que chegaron o día 7. O exército francés, integrado por 8.000 infantes e 1.200 soldados de cabalaría, despois de comprobar que as pontes estaban rotas e os vaos ocupados, iniciaron un enfrontamento de artillaría. O día 8 o mariscal deu a orde de atacar polo vao de Ponte Caldelas e polo río, preto de Sampaio, pero foron rexeitados polos galegos despois de sufrir importantes perdas. Fronte á imposibilidade de atravesar o río sen sufrir baixas, o mariscal Ney ordenou a retirada e volveron cara á Coruña.
-
PERSOEIRO
Científico e escritor italiano. A súa obra mestura elementos científicos, relixiosos e máxicos. Escribiu Phytognomonica (1588), en que se manifestou seguidor de Paracelso no terreo da medicina. Tamén publicou obras sobre física, como Magia naturalis e De refractione (1593), e o compendio sobre os coñecementos da época Scientiarum omnium synopsis. No ámbito literario intentou imitar a comedia latina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Porta das Ovellas, tamén chamada de Benxamín, situada no ángulo nordés da muralla do templo de Xerusalén, ante a piscina de Betzata, onde Xesús Cristo curou a un paralítico segundo o Evanxeo segundo san Xoán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prazo que outorga a lei ou o xuíz para efectuar as probas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que proba a verdade de algo.
-
CAPITAIS
Capital de Marrocos, situada na prefectura urbana de Rabat-Salé (623.457 h [1994]). Está situada na fachada atlántica, no estuario de Bou Regreg, fronte a Salé. É un centro político e administrativo. O seu porto é pequeno, e a súa actividade está limitada á exportación de froitas. A industria máis importante é a téxtil. A cidade musulmá foi fundada ao norte da antiga Chellah polo sultán almohade ‘Abd al-Mu‘min (1150). Ocupada polos benimeríns desde 1248, foi repetidamente saqueada. Coa inmigración de mouriscos expulsados da Península Ibérica, que se dedicaron maioritariamente ao corso, recuperou o seu poder económico de tal xeito que, tras a morte de Am ḥ ad al-Man ṣ ūr, constituíu xunto con Salé unha república independente ata 1641. Capital administrativa do protectorado francés, continuou séndoo do Marrocos independente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura urbana de Marrocos (1.275 km2; 1.500.000 h [estim 1994]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate sostido entre o exército inglés e o francés o 23 de maio de 1706, próximo á poboación homónima, en Brabante (Bélxica), durante a Guerra de Sucesión Española. Os ingleses, dirixidos polo duque de Marlborough, venceron as forzas francesas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento que se produciu na ría de Vigo o 23 de outubro de 1702, durante a Guerra de Sucesión Española, entre a escuadra española que transportaba a prata desde América co apoio dunha escuadra francesa dirixida por Château-Renault, e unha frota anglo-holandesa ao mando de G. Rooke. A presión anglo-holandesa impedira a descarga en Cádiz e o xeneral español Manuel de Velasco Tejada buscou refuxio na ría de Vigo. As embarcacións franco-españolas refuxiáronse na enseada de San Simón desde o 22 de setembro. Construíuse unha barreira no estreito de Rande e instaláronse 38 canóns no forte de Corbeira (Domaio, Moaña) e 17 na batería de Rande e comezou o desembarco do ouro que traía a frota. Parte das defensas desmontáronse cando parecía que os anglo-holandeses ían permanecer lonxe, pero o 21 de outubro esta frota apareceu na ría mentres se tentaban reconstruír as defensas. O 23 de outubro, despois de desembarcar as forzas anglo-holandesas, que destruíron as fortificacións e aniquilaron as...
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Batallón Literario Corpo de estudantes que se constituíron como batallón de defensa en Santiago de Compostela ante a invasión francesa de 1808. Ten a súa orixe noutros batallóns de estudantes creados en 1663 e 1665, para loitar na fronteira portuguesa, e en 1702 durante a Guerra de Sucesión. Admitida a súa creación polo claustro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixiuno o coronel Xoán Ignacio de Armada e Mondragón, marqués de Santa Cruz de Ribadulla, que presentou a Xunta Suprema o regulamento e a súa formación con 6 compañías con 168 cadetes cada unha, ademais de oficiais e suboficiais. A Xunta Suprema acordou que, pola súa condición de nobres, non era axeitado que os seus membros se alistasen como soldados polo que se lle concedeu aos estudantes o grao de cadete e aos licenciados e doutores os de subtenentes e tenentes. Ao marqués de Santa Cruz de Ridabulla concedéuselle o grao de doutor en todas as facultades da universidade. Entraron en loita en Castela...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de rebater.
-
-
Contradicir con argumentos as afirmacións doutra persoa.
-
Negar aquilo que se dixo con anterioridade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
rebatible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser rebatido.
-
-
Chamada apresurada que se fai aos veciños dun lugar por medio dunha campá ou tambor para defenderse ante un perigo.
-
Sinal de alarma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘peido’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que reproba ou implica reprobación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos rinobátidos, co corpo alongado, cos extremos das aletas pectorais superpostos coas aletas ventrais e a cabeza máis plana e ancha. Pódese destacar o R. rhinobatos, de pequeno tamaño (menos de 1 m de longo), cunha serie de espiñas en ringleira ao longo do dorso e cola moi pouco visible; e o R. cemiculus, co fuciño mouro nos exemplares novos, o corpo cunha liña de espiñas máis sobranceiras ca na especie anterior, e pode acadar ata os 2 m de longo. Ambas especies presentan unha coloración castaña coas partes ventrais brancas. Habitan en fondos pouco profundos de area e lama, xeralmente por riba dos 100 m.
-
GALICIA
Médica. Directora xerente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, foi coordinadora do Plan Autonómico de Urxencias, presidenta da Comisión Asesora Técnica da Consellería de Sanidade e directora técnica da División 061 de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, a Cruz da Soberana Orden Militar de Malta e a Medalla de Oro de San Juan de la Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO