"cc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 617.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de occitanizar ou de occitanizarse.
-
-
Adaptar algo á maneira occitana.
-
Converterse aos costumes occitanos.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Occitania, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Occitania.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo occitano.
-
Individuo do pobo occitano.
-
Pobo de raza basicamente indoeuropea establecido en Occitania. A Idade de Bronce caracterizouse pola aparición da cultura dos campos de furnas, que finalizou co inicio da cultura ibérica do ferro, fortemente influída pola chegada dos gregos focenses (s VI a C), fundadores de Massalia (actual Marsella). A partir do s V a C, unha invasión céltica penetrou en todas as rexións occitanas. Os efectos da conquista romana deixáronse sentir fortemente pero a creación dun estado visigodo ao SO (s V), acentuou a diferenza entre as dúas metades da antiga Galia: a francesa e a provenzal. Co paso dos séculos, confluíron e impuxéronse sobre o territorio outras civilizacións, como a de oïl.
-
-
Lingua románica, denominada tamén lingua de oc, que pertence ao grupo lingüístico galorrománico. É a lingua propia de Occitania e constitúese como a lingua minorizada máis extensa en Francia. Pódese fixar a súa fronteira coas linguas de oïl partindo da confluencia dos ríos Garona e Dordogne, ata Châteldon (Auvernia). A partir de aquí, o límite, que tamén separa o territorio lingüístico occitano do francoprovenzal, descende cara ao sur ata a fronteira italiana. Respecto ás linguas italianas, a liña divisoria non é tan clara : pódese dicir que todos os altos vales dos Alpes e algunhas localidades da chaira piemontesa son occitanas, pero tamén cómpre sinalar que unhas determinadas zonas, territorialmente occitanas, acusan a influencia do piemontés. Co aragonés e o catalán, a fronteira lingüística segue a liña que vai do cumio do Auñamendi (Pireneo Occidental) ata Porte Puymorens, exceptuando a zona aranesa, e de aquí continúa ata Salses-le-Chatêau e o mar. Co dominio lingüístico...
-
Literatura realizada en Occitania. Os textos occitanos máis antigos que se coñecen, e que ofrecen un auténtico valor literario, datan do s XI, pero é a partir do s XII cando se desenvolveu a poesía dos trobadores. Guillerme IX de Aquitania está considerado como o primeiro trobador, xunto a Jaufré Rudel, Ebles II e Marcabrú. Instauraron o amor cortés na poesía e impuxeron os seus temas referenciais, particularmente o da muller ausente e desexada. A partir de 1150 xa se pode falar de madureza e de clasicismo. O máis destacado foi Bernat de Ventadorn, o mestre do trobar lèu. Neste momento tamén se rexistraron cantigas asinadas por mulleres, como a condesa de Dia. Os xéneros multiplicáronse (pastorela, alba, tenzón, sirventés), e dos autores que dominaron o final do s XII cómpre salientar a Girault de Bornelh, Bertran de Born e, especialmente, Arnaut Daniel. Desde o s XII existiu unha epopea occitana e no s XIII desenvolveuse unha notable produción novelística. No s XIII, coa cruzada...
-
Arte musical cultivada en Occitania. Desde o s V, Tolosa de Languedoc foi un centro de liturxia mozárabe grazas á presenza visigoda. A carón dun importante florecemento de música relixiosa, na baixa Idade Media, acadou unha importancia excepcional a música dos trobadores na música profana. A ruína de Occitania como entidade política supuxo a lenta desnaturalización cultural. No s XVII tivo moita importancia a música de ballet, a ópera e a música relixiosa. Aínda así, a maior parte dos compositores occitanos de prestixio traballaron en París ou noutros lugares do estranxeiro, e son coñecidos con nomes e apelidos afrancesados. A escola de Aix-en-Provence, de longa tradición, deu durante o s XVIII figuras como o operista italianizante E. J. Flocquet. Nos ss XIX e XX moitos compositores occitanos centráronse en París, como G. Fauré, E. Chabrier, V. d’ Indy, Ch. Bordas e o violinista P. Rode. Máis conscientes do seu occitanismo foron, en cambio, D. Milhaud, E. Poulenc, O. Messiaen e G. Auric....
-
-
PERSOEIRO
Poeta. Contemporáneo e imitador de Chaucer, a súa obra ten moito máis valor histórico ca literario. É autor dos libros de poemas The Letter of Cupid (1402), La Male Règle (1406) e De Regimine Principum (1411).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción que consiste nunha rubién e nunha inflamación da conxuntiva, observable particularmente nos enfermos tuberculosos e tíficos, cando se lles instilan as toxinas da súa enfermidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Percepción dos olores polo sentido do olfacto.
-
-
Que se manifesta ou propaga en todas as direccións.
-
Aplícase aos aparatos que posúen unhas características, como a intensidade ou o rendemento, semellantes en todas as direccións.
-
Aplícase ás antenas que teñen a propiedade de emitir ou recibir radiacións en todas as direccións cunha intensidade semellante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Selección direccional que se require para a adaptación ambiental cando durante un período prolongado actúan os mesmos factores selectivos, facendo que todos os pasos sigan a mesma orientación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame cualitativo, en desuso, das proteínas do líquido cefalorraquídeo que se basea na maior ou menor mestura que se produce cando 1 cm3 de solución de fenol entra en contacto cunha gota de líquido cefalorraquídeo que contén proteínas, especialmente globulinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paolo di Dono.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu un dos dous territorios en que se dividiu o estado de Paquistán, desde a súa formación (1947) ata a independencia de Paquistán Oriental (1972). Constitúe o estado paquistaní.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Micose granulomatosa crónica, causada polo fungo Paracoccidioides brasiliensis, que se caracteriza pola presentación dunhas primeiras manifestacións cutáneo-mucosas (úlceras faciais e infartos ganglionais) seguidos de manifestacións viscerais (lesións ulcerativas do aparato dixestivo, o fígado, o bazo e adenopatías abdominais). OBS: Tamén se denomina blastomicose sudamericana
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chaco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político conservador mexicano fundado o 16 de setembro de 1939 como grupo de oposición ao Partido Revolucionario Institucional (PRI). O seu primeiro dirixente foi Manuel Gómez Morín (1939-1949) e o seu órgano oficial La Nación. Desde 2000, con Vicente Fox Quesada, gañou as eleccións á presidencia da república grazas a unha alianza electoral co Partido Verde Ecologista de México, co que formou Alianza por el Cambio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba diagnóstica da mononucleose infecciosa baseada na aglutinación dos eritrocitos do carneiro polas aglutininas heterólogas presentes no soro do paciente. OBS: Tamén se denomina proba de Paul-Bunnell.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facultade que a lei outorga ao acredor para solicitar que se declare ineficaz o acto que o debedor realice e que pon en perigo o cumprimento da obriga por parte do debedor. Esta acción xa estaba contemplada no dereito romano e facultaba aos acredores para poder anular os actos de transmisión de bens feitos maliciosamente polos debedores, en prexuízo deles. Os glosadores déronlle este nome porque figuraba nun fragmento do xurisconsulto Paulo nas Pandectas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido Comunista Chinés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘falta leve’.
-
-
Calidade de perfecto
-
Cousa perfecta.
-
-
Realización dun fin ou correspondencia de calquera cousa á norma, de forma que non pode ser mellorada.
-
perfección cristiá
Práctica do amor a Deus e ao próximo dunha maneira eminente, aínda que sempre perfectible, polo feito de que só Deus é perfecto. A dedicación exclusiva desta práctica determina o chamado estado de perfección ou perfección evanxélica.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de perfeccionar ou perfeccionarse.