pauliana, acción
pauliana, acción
[DER]
Facultade que a lei outorga ao acredor para solicitar que se declare ineficaz o acto que o debedor realice e que pon en perigo o cumprimento da obriga por parte do debedor. Esta acción xa estaba contemplada no dereito romano e facultaba aos acredores para poder anular os actos de transmisión de bens feitos maliciosamente polos debedores, en prexuízo deles. Os glosadores déronlle este nome porque figuraba nun fragmento do xurisconsulto Paulo nas Pandectas.