pauliciano -na

pauliciano -na

(< antropónimo san Paulo ou Paulo de Samosata)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos paulicianos.

  2. s

    Membro dunha seita do Imperio Bizantino que era orixinaria de Mannali, Asia Menor, e cuxa primeira comunidade se estableceu en Armenia (s VII). Perseguidos, algúns pasaron ao Islam e outros, refuxiados en Bulgaria, confundíronse cos bogomilos. A doutrina, dualista, atribúe a creación a un deus malvado. Negaban tamén a realidade do corpo de Xesús Cristo e, con Marción, refusaban todo o Antigo Testamento. Exerceron influencia nos cátaros.