"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Persoa ou entidade que é moi rica, que posúe moitos millóns de euros, dólares, etc, segundo a unidade monetaria de cada país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de trazos distintivos comúns a dous morfemas, produto dunha neutralización morfolóxica. Así, en galego, como noutras linguas, a oposición morfolóxica entre o antepretérito de indicativo e o pretérito de subxuntivo neutralízase cando teñen un valor non-real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao arquimorfema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de illas máis ou menos próximas entre si e con características xeográficas comúns que lles permiten constituír un conxunto individualizado coherente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome empregado na Antigüidade para referirse á parte do Mediterráneo oriental comprendida entre a península Balcánica, a península de Anatolia e as illas de Creta e Rodas. Dividida en dúas partes polas illas Cícladas: ao sur o mar de Creta e ao norte o mar Exeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protoplasto considerado primitivo, aínda non diferenciado en núcleo e citoplasma, como os das cianofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta goliardesco alemán, de nome descoñecido. Foi protexido de Reinaldo de Dassel, arquichanceler de Federico Barbarrubia. Foi autor de composicións en lingua latina, a maioría son poemas nos que solicita dádivas ou as agradece, entre elas destaca a Confessio Goliae ou Aestuans intrinsecus, unha das obras máis persoais da poesía goliarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador e político grego. Amigo de Platón. Interesouse pola Mecánica, a Física, a Astronomía e a Teoría Musical aínda que estudiou principalmente cuestións relacionadas coa Matemática. Segundo Eratóstenes, foi o primeiro que intentou solucionar o problema da duplicación do cubo. Só se conservan fragmentos das súas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Profesional da Arquitectura. Combinando técnica e arte, ten ao seu cargo a concepción e proxecto da obra, o deseño dos planos, a elección dos materiais máis indicados, a supervisión da construción e o seguimento da mesma unha vez rematada. Para exercer a profesión esíxese o título académico da Escola Técnica Superior correspondente e a calidade de membro dun colexio oficial. Na Idade Media denominábase cos nomes de mestre de obras, mestre construtor ou mestre de mazonería. No Renacemento distínguese entre o mestre de obras como executor das mesmas e o arquitecto ou autor do deseño do edificio.

    2. Profesional da rama da construción encargado de aparellar e de comprobar a correcta execución dunha obra. Tamén resolve problemas de execución e revisa a boa calidade dos materiais, as medidas, os prezos unitarios e as facturas do construtor para autorizar o seu cobramento. Pode actuar en calidade de perito para sinalar límites de posesión, aforar caudais de auga, valorar obras, terreos, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia da Arquitectura, conxunto das regras da Arquitectura.

      1. Segundo Aristóteles, ciencia principal con relación a outra que ten as finalidades subordinadas a esta.

      2. Se-gundo Kant, arte de construír un sistema, é dicir, a teoría do que hai de científico no coñecemento humano en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á Arquitectura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Concepción de espacios ou conxunto de espacios para o uso e a ambientación do ser humano. Vitrubio iniciou os estudios sobre a Arquitectura con De architectura (27-23 a C), analizando a problemática arquitectónica desde diferentes puntos de vista. Para Giedion a creación arquitectónica é a aplicación correcta dos materiais e dos principios económicos á creación dos espacios para uso humano. Algúns autores, como Pevsner, distinguen entre construción e Arquitectura, reservando esta denominación ás obras con estética. Outros combinan as ideas de utilidade e estética. Para Le Corbusier é confort e proporción, razón e estética, máquina e plástica, calma e beleza. Así mesmo, Barthes defínea, dende un punto de vista semántico, como unha logotécnica e Fusco como un medio de comunicación social. Para Rogers, que introduce o factor tempo na definición, a Arquitectura é a caracterización do tempo no espacio. Segundo León Battista Alberti, en De re aedificatoria, a Arquitectura consiste...

    2. Composición, estrutura, maneira de encaixar e distribuír as diversas partes dun organismo ou dunha obra.

      1. Xeito de organizarse e interactuar os elementos principais dun ordenador (microprocesador, memoria central, periféricos, etc) entre si; así como cada elemento illado (organización interna dos microprocesadores ou dos sistemas operativos) ou, en xeral, calquera sistema informático.

      2. arquitectura aberta

        Aquela na que os ordenadores poden traballar en rede con outros de características distintas.

      3. arquitectura de rede

        Configuración dunha rede informática.

      4. arquitectura do bus

        Configuración dun conxunto de dispositivos de conexión utilizados polos distintos compoñentes dun ordenador para intercambiar datos, que determinará a velocidade máxima coa que estes serán transferidos no interior do equipo informático e os seus periféricos.

      5. arquitectura pechada

        Aquela na que un ordenador só pode traballar en rede con outros aparellos totalmente compatibles.

    3. Arte e técnica da distribución dos diversos elementos e da estruturación xeral do libro.

    4. Arte de proxectar e construír navíos. A arquitectura naval divídese en: construción naval, que estudia e proxecta a construción dun navío en todo o que fai referencia a formas, estruturas, materiais, etc, e teoría do navío, que o estudia como vaso flotante, tendo en conta a súa estabilidade, flotabilidade e as forzas ás que estará sometido ao navegar. A ampla difusión dos primeiros libros publicados a mediados do s XVIII foi a base do rápido desenvolvemento de proxectos de navíos no s XIX. Cómpre salientar os tratados Scientia navalis (Ciencia naval, 1749) de Euler e Traité du navire (Tratado de navegación, 1746) de Bouger. Chapman propugnou a ampliación cos navíos que construíu e coas súas obras Architectura navals mercatoria (Arquitectura para a mariña mercante, 1768) e Tractat om Skeppsbyggeriet (Tratado de construción naval, 1775). Esta arte ampliouse coa aparición das máquinas de vapor. As diferentes formas de propulsión incrementan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á Arquitectura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que representa edificacións ou outros motivos arquitectónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto que designa as categorías xenéricas que corresponden a un texto (xénero literario, tipo de discurso, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao sistema arquitectónico ou de construción que emprega elementos de peche horizontais (arquitrabes, lintel, etc) para sustentar o empuxe das masas arquitectónicas, descoñecendo o uso de arcos e bóvedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trabe mestra disposta de xeito horizontal sobre piares ou columnas para vencer o van aberto entre elas. Recibe as cargas dos pavimentos superiores e transmíteas cara aos seus apoios.

    2. Parte baixa do entaboamento que repousa sobre os capiteis das columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode arquivar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para arquivar.

    2. Moble ou caixa utilizada para gardar documentos, fichas ou outros papeis.

    3. Caixa ou elemento semellante onde se gardan fotografías, diapositivas e outros produtos fotográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arquivar.

    2. Resolución xudicial que pecha definitivamente unhas actuacións e ordena a súa conservación no arquivo do xulgado ou tribunal.

    VER O DETALLE DO TERMO