"rot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • Calidade de protervo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Substitución dun órgano ou dunha parte dun órgano por unha peza ou un aparato especial que reproduce máis ou menos exactamente a parte que falta.

      2. Peza ou aparato artificial implantado nunha prótese.

      3. Parte da cirurxía que trata a prótese.

    1. Adición ao comezo dunha palabra dun fonema non etimolóxico. Na evolución da lingua algunhas palabras patrimoniais apóianse nunha vogal e- cando comezan por s- líquido, tal e como xa acontecía no latín vulgar: SCHŎLA > escola, SCŪTU > escudo, STĒLLA > estrela, SPATHA > espada. Este mesmo procedemento é o que se utiliza modernamente para adaptar os estranxeirismos, principalmente aqueles que proceden do inglés: estándar

      1. Preparación dos pans e do cáliz ao inicio da celebración eucarística, en diversas liturxias orientais.

      2. Pequeno espazo construído ao lado da ábsida principal das igrexas paleocristiás, e aínda actualmente nas igrexas de rito bizantino, xeralmente no lado oposto ao diacónicon, formando unha ábsida menor, onde os fieis depositaban as ofrendas, que eran preparadas con vistas á misa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de protestar.

      1. Acción de reclamar contra algunha cousa.

      2. Reclamación formal contra un acto ou unha medida que se consideran ilexítimos.

      3. Documento onde consta a reclamación.

    2. Acción que os partidarios da doutrina de Martiño Lutero fixeron na Dieta de Spira en 1529 na que protestaron a súa fe ante o Emperador Carlos V. Orixinou o nome de protestantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ferrol a partir de 1921. Foi voceiro dos sindicatos adheridos á CNT en Ferrol, onde se imprentou durante 1920 e no transcurso de 1921. Substituíu ao xornal La Lucha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen protesta.

    2. Relativo ou pertencente ao protestantismo.

    3. Seguidor do protestantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto das confesións cristiás xurdidas da Reforma do s XVI ou influídas por ela. Esta designación provén da Dieta de Spira (1529), aínda que por razóns teolóxicas e históricas, algúns grupos consideraron mellor ser denominados evanxélicos ou reformados. Antes da Reforma houbo outros movementos que a anticiparon, comos os valdenses (s XII), os loardos de J. Wycliffe (s XIV) e os husitas (s XIV), e, con posterioridade, xurdiron as catro tradicións protestantes principais: luterana, calvinista, anabaptista e anglicana. Aínda que teñen diferenzas nas súas prácticas e doutrinas, coinciden no rexeitamento da autoridade do papa e a importancia concedida á Biblia, e á fe individual. Orixinariamente pretendían volver á doutrina e ás prácticas apostólicas, pero a separación da Igrexa Católica converteuse nun feito. Valórase a predicación da Palabra por riba do sacramentalismo e das cerimonias litúrxicas e consérvanse dous sacramentos: o bautismo e a eucaristía. Rexeitan a vida monástica,...

    2. Correntes teolóxicas protestantes, sobre todo luteranas, encamiñadas a conciliar a teoloxía coas ideas liberais dos ss XVIII e XIX, moi combatidas polas posicións tradicionais e ortodoxas. Partindo dun estudo do cristianismo como feito histórico e, con métodos exclusivamente históricos e filolóxicos, os primeiros teólogos liberais (D. F. Strauss, F. Ch. Baur, B. Bauer) baseáronse na filosofía da relixión de F. E. Daniel Schleiermacher, no romanticismo de F. W. Joseph von Schelling e no idealismo hegeliano. Os máximos representantes foron os discípulos de A. Ritschl, E. Troeltsch e A. von Harnack, un dedicado ás cuestións de historia cultural e social e outro máis sensible á historia dos dogmas. Ligadas a estas posicións hai diversas correntes máis recentes, como o escatoloxismo de A. Schweitzer, a Formgeschichte de M. Dibelius, R. Bultmann e H. Gunkel.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Manifestar desacordo ou disconformidade con algo.

      2. Constatar formalmente o rexeitamento de aceptación e de pagamento dunha letra de cambio.

      3. Estender a protesta dunha letra ou talón nun documento notarial.

    1. Manifestar alguén disconformidade con algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que implica ou contén unha protesta.

    2. Que ou quen protesta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de protestar unha letra ou talón por falta de pagamento ou de aceptación.

    2. Documento notarial onde consta a acción de protestar unha letra ou talón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á prótese.

    2. Macromolécula nitroxenada de natureza non proteica que vai unida a unha proteína (proteína conxugada). Certos enzimas requiren grupos protéticos (coenzimas).

    3. Persoa que se dedica profesionalmente á preparación e axuste de próteses dentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Defender algo ou a alguén contra aquilo que o ameaza.

    2. Garantir o cumprimento ou a existencia de algo.

    3. Prestar axuda a alguén utilizando a propia influencia.

    4. Apoiar a prosperidade ou o desenvolvemento de algo.

    5. Resgardarse dunha situación desfavorable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de protexer ou protexerse.

    2. Que goza da protección.

    3. Persoa que goza da protección ou da axuda doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Zona da casa romana comprendida entre a porta de entrada e o atrio.

    2. Pórtico cuberto pegado á porta dunha igrexa ou dun palacio, característico do románico lombardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico de diversas substancias orgánicas compostas de carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno, fósforo e xofre, de peso molecular elevado e capaces de formar solucións coloidais. Os prótidos comprenden, entre outros, os aminoácidos e as proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isótopo máis abundante do hidróxeno, de masa atómica 1.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Decoración dunha porta ou portada.

    2. Clave do arco labrada en forma de ménsula e con perfil en S.

    3. Cada unha das ménsulas que sostiñan o lintel ou a cornixa da porta xónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao reino protista.

    2. Organismo do reino dos protistas.

    3. Reino que comprende os organismos eucariotas unicelulares (ou en ocasións cenocíticos ou pluricelulares sen diferenciación de tecidos) e de organización simple.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que, sen ser o titor, encárgase de velar polos intereses dun menor. Segundo quen siga as funcións encomendadas, denomínase curador ou defensor xudicial.

    2. Persoa encargada de supervisar as funcións e actuacións do titor. Desde a supresión do código civil o cargo e as súas funcións encoméndanselle ao xuíz de primeira instancia.

    VER O DETALLE DO TERMO