protesta

protesta

(

  1. s f

    Acción de protestar.

    Ex: Houbo moitas protestas contra o novo plan de urbanismo.

  2. s f [DER]
    1. Acción de reclamar contra algunha cousa.

    2. Reclamación formal contra un acto ou unha medida que se consideran ilexítimos.

    3. Documento onde consta a reclamación.

  3. s f [RELIX/HIST]

    Acción que os partidarios da doutrina de Martiño Lutero fixeron na Dieta de Spira en 1529 na que protestaron a súa fe ante o Emperador Carlos V. Orixinou o nome de protestantes.

Refráns

  • Home rezongón pide pouco caldo e moito ligón.
  • Máis se queixa o que caga na manta, có que a lava.
  • Neno que non chora, non mama.

Palabras veciñas

protervia | protervo -va | prótese | protesta | Protesta, La | protestante | protestantismo