"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
-
Dor na cara externa da coxa.
-
Afección que se caracteriza pola presenza de dores e trastornos diversos da sensibilidade, que aparecen no territorio do nervio fémoro-cutáneo e que varían desde a máis simple hiperestesia ata a anestesia total. Unha das causas posibles é a diabete.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de circulación vertical de toda a columna de auga dun lago, que provoca que haxa unha capa profunda de auga que só se mestura en raras ocasións.
-
-
Relativo ou pertencente a Meroveo, á súa dinastía ou á súa época.
-
Membro da primeira dinastía dos reis francos que reinou durante tres séculos. Coñecidos como primeira raza, a súa orixe parece provir dun xefe dos francos salios chamado Clodio, que foi derrotado polos romanos en 446 e que morreu aproximadamente ao ano seguinte. Deixou como sucesor un fillo ou parente próximo seu, chamado Meroveo, que lle deu nome á dinastía. Sucedeuno o seu fillo Khilderico I e a este o seu fillo Clodoveo I, un dos reis máis destacados desta liñaxe, que unificou, baixo o seu dominio, varios territorios francos, pero á súa morte (511) os seus fillos repartiron os estados paternos. A historia desta dinastía está chea de loitas e violencias. Clotario II en 613 conseguiu unha certa unidade, aínda que durou pouco e Clodoveo II e Clotario III, a mediados do s VII, volveron restaurala. Desde comezos deste século, os verdadeiros señores dos reinos merovinxios foron os mordomos de palacio ata que Pipino I o Breve conseguiu converterse en rei en 751 e fundar a...
-
Arte desenvolvida na Galia durante o goberno dos reis merovinxios. En arquitectura destacan as igrexas sen bóveda, de tipo basilical, como a de Saint Pierre de Vienne do Delfinado, a cripta de Saint Paul en Jouarre (Île-de-France) e o baptisterio de Saint Jean de Poitiers. En escultura destacan os relevos do hipoxeo de Mellebaude (Poitiers) e os capiteis da cripta de Jouarre. En ourivaría hai que salietar o tesouro de Khilderico en Tournai.
-
Escritura latina das chamadas nacionais, utilizada no centro e o N de Francia do s VI ao VIII. As súas variedades derivaron da cursiva romana nova e, no caso da cursiva, evolucionou da escritura dos chanceleres do Baixo Imperio Romano. A característica común é un trazado a miúdo sinuoso e pouco esquemático, cheo de nexos cursivos caligrafados. As formas merovinxias desapareceron ao xurdir a escritura carolinxia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao mesanxio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de todas as galaxias que constitúen o Universo.
-
-
Conxunto de procedementos e técnicas para a obtención dos metais e a súa transformación e elaboración ademais da ciencia que os estuda. Os primeiros metais que empregou o home foron os naturais, principalmente o cobre, o ouro, a prata e, máis raramente, o ferro de orixe meteorítica. Cara ao ano 2000 a C xa se coñecían os procedementos de fundición, para a fabricación de estatuas de bronce, como tamén as operacións de embutir e de cuñar. A Idade de Ferro iníciase cara ao ano 1300 a C e as aplicacións principais deste metal eran as ferramentas de traballo e a fabricación de armas. Séculos máis tarde, iniciouse a obtención do ferro polo procedemento denominado forxa á catalá e posteriormente comezouse a empregar a enerxía hidráulica para a forxa dos metais. Durante o s XV a metalúrxica do cobre volveu ocupar un lugar importante coa fabricación de canóns de bronce por fundición e despois chegouse a obter a fundición de ferro. Durante o s XVIII obtivéronse o cinc metálico, o cobalto e o níquel,...
-
Industria que se dedica á elaboración de metais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da psicanálise proposta por S. Freud que se dedica ao estudo da psique e da súa relación coa realidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección que se caracteriza por unha dor localizada na parte anterior dos metatarsos, que aparece ás veces bruscamente, como consecuencia dun traumatismo, e ás veces lentamente, por fatiga.
-
-
Ciencia que estuda a atmosfera e os fenómenos que teñen lugar nela. É considerada unha parte da física e ten un marcado carácter de observación, xa que xeralmente é imposible a experimentación e a reprodución dos fenómenos que teñen lugar na atmosfera. Ten un ámbito de estudo moi parecido ao da climatoloxía, pero diferénciase en que esta trata dos valores e as pautas que segue a atmosfera durante longos períodos de tempo e, pola contra, a meteoroloxía fai referencia ao estado das variables nun momento determinado. Os primeiros estudos meteorolóxicos foron feitos no s IV a C por Aristóteles e foi no s XVII cando se fixeron as primeiras observacións da temperatura, da presión e da choiva. A finais do s XVIII e a principios do s XIX un grupo de científicos europeos estableceron unha rede de estacións meteorolóxicas e apareceron os primeiros mapas do tempo. Foron os meteorólogos escandinavos, dirixidos por V.F.K. Bjerknes e polo seu fillo, quen desenvolveron a teoría das masas de aire e das...
-
Aplicación da meteoroloxía a diferentes campos, como é o caso da meteoroloxía agrícola, meteoroloxía marítima, meteoroloxía médica ou meteoroloxía legal.
-
Parte da meteoroloxía que estuda as leis de movementos da atmosfera e os mecanismos de formación e desenvolvemento dos sistemas ou perturbacións meteorolóxicas de diferentes escalas, mediante a aplicación das leis da dinámica de fluídos na atmosfera. Así, a predición meteorolóxica mediante modelos numéricos é unha das partes principais da meteoroloxía dinámica. Nos estudos prácticos de diagnóstico e de predición, utilízanse mapas e diagramas que representan o estado da atmosfera a unhas horas determinadas e sobre unha extensión restrinxida.
-
Parte da meteoroloxía que estuda a radiación solar, primeira fonte de enerxía do sistema Terra-atmosfera, e a súa transformación noutros tipos de enerxía que interveñen nos fenómenos meteorolóxicos, a termodinámica da atmosfera, a física das nubes, os procesos que dan lugar ás precipitacións, as tempestades e os meteoros eléctricos e ópticos.
-
Conxunto de estudos prácticos que se aplican diariamente para a previsión do tempo. A micrometeoroloxía estuda os procesos que se dan na parte máis baixa da atmosfera, denominada capa límite, onde teñen lugar os intercambios de materia e enerxía coa superficie terrestre e onde os fenómenos de viscosidade, turbulencia e, en definitiva, o rozamento do aire coa terra, son máis importantes. A aeroloxía estuda as capas atmosféricas máis altas.
-
-
-
Ciencia do método.
-
Estudo dos métodos de coñecemento, investigación e interpretación das ciencias. Segundo o obxecto que se considere podemos falar de diversas metodoloxías como a científica, a filosófica, a histórica e a pedagóxica.
-
Aplicación coherente dun método.
-
Parte da lóxica que ten por obxecto o estudo a posteriori dos métodos. I. Kant opuxo a metodoloxía ao conxunto da lóxica ao dividir, dunha banda, a estética e a lóxica transcendentais, e por outra, a metodoloxía transcendental.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da ciencia e da técnica que se dedica á definición dos patróns de medidas e á determinación dos fenómenos físicos que os fomentan. A través da evolución da ciencia a metroloxía aplicouse á substitución dos modelos das unidades fundamentais de medida (denominados patróns) por modelos obtidos de fenómenos físicos inalterables e de fácil reprodución. A determinación dos patróns de medida son a base obxectiva das unidades fundamentais e, por tanto, dos sistemas de medida que se deriven.
-
-
Hemorraxia do útero fóra do período menstrual.
-
Hemorraxia uterina debida a unha contracción insuficiente do miometrio, despois do parto.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e historiador. De ideas erasmistas, aínda así participou activamente na reacción antirreformista da súa cidade natal. Da súa produción literaria destacan Silva de varia lección (1540), que influíu en Mateo Alemán e Cervantes, e Coloquios (1547). Como historiador publicou Historia imperial y cesárea (1548).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dor muscular.
-
Enfermidade infecciosa producida polos virus Coxsackie do grupo B que se caracteriza pola aparición dun cadro febril pseudogripal e de mialxias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
micoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hábito de alimentarse de fungos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da botánica que se dedica ao estudo dos fungos. Os estudos clásicos parten dos traballos de J. C. Schaeffer (1718-1790) e de P. Bulliard (1752-1793). Elias Magnus Fries (1794-1878) puxo as bases da taxonomía moderna. A micoloxía diversificouse moito, e nela destacan Rolf Singer, A. von Arx, C. S. Alexpoulos e F. K. Sparrow no estudo dos fungos acuáticos e R. W. G. Dennis e R. P. Korf no dos ascomicetos. En España cabe destacar as achegas de Telesforo de Aranzadi (1860-1945), Blas Lázaro Ibiza (1858-1921) e Romualdo González Fragoso (1862-1928). En Galicia os primeiros pasos en micoloxía deunos o botánico M. P. Colmeiro, que durante o s XIX fixo unha recompilación de citas sobre macromicetos, pero non foi ata o s XX, durante as décadas de 1940 e 1950, cando se iniciaron os primeiros estudos de carácter científico na Universidade de Santiago de Compostela. Durante esta etapa creouse o Centro Rexional de Ensinanzas e Investigacións Forestais de Lourizán, que tivo moita importancia no...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio que se creou en 1982 en Pontevedra, organizado por Francisco Fernández de Ana Magán, coa finalidade de potenciar os novos investigadores de Galicia.
-
-
Parte da bioloxía que estuda os microorganismos. Ocúpase da descrición dos numerosos tipos de microorganismos, do estudo das súas condicións e medios de vida, da súa relación co medio, de todos aqueles casos en que os microorganismos actúan como patóxenos no home, nos animais e nas plantas, dos procesos industriais que mediante microorganismos producen alimentos (lévedos de panificación, iogures), e da produción industrial de antibióticos, aminoácidos e disolventes orgánicos. Está relacionada cos fenómenos de biodeterioración. Leeuwenhoek (1632-1723) foi o primeiro observador das bacterias do vinagre, do leite e da cavidade bucal. Pasteur (1822-1895) estableceu que os microorganismos son axentes produtores de cambios químicos importantes e descartou a teoría da xeración espontánea, probando que unha materia estéril illada da atmosfera non se descompón. A microbioloxía industrial naceu coa intención de obter métodos para conservar os alimentos, conseguíndose as técnicas de esterilización,...
-
Estudo das relacións entre os microorganismos e os alimentos. Estas relacións poden ser beneficiosas (alimentos obtidos por fermentación) ou prexudiciais (contaminacións microbianas que deterioran ou intoxican os alimentos). As fermentacións industriais de interese alimentario débense a bacterias lácticas, bacterias acéticas (vinagre) e lévedos (bebidas alcohólicas, pan), entre outras. A deterioración biolóxica dos alimentos débese a microorganismos (bacterias ou lévedos). As contaminacións por bacterias patóxenas ocasionan toxiinfeccións (salmonelose) ou intoxicacións (estafilococia ou botulismo), que se poden evitar cunha preparación ou conservación adecuadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cirurxía que se realiza sobre estruturas tan pequenas que o cirurxián necesita da axuda dun microscopio.