"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Proteína da mucosa intestinal, sobre todo do duodeno, que se combina co ferro inxerido e forma a ferritina, unha das formas de almacenamento de ferro no organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fluosilicato de calcio e potasio hidratado, de fórmula KFCa4Si8O20 · 8H2 O, do grupo dos fosilicatos. Os cristais, do sistema tetragonal, son de forma piramidal, prismática, tabular ou cuboide. É fráxil, de exfoliación perfecta, de dureza 4,5-5 e peso específico 2,33-2,37; transparente ou translúcido, incoloro ou de cor branca, rosada ou verde clara. Atópase nas cavidades das rochas basálticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Protuberancia dun órgano, xeralmente dun óso; neste caso, a súa función é xeralmente a de facilitar a articulación con outro óso ou a de ofrecer puntos de inserción aos músculos veciños.

      1. Protuberancia piramidal do escudiño das escamas seminíferas das piñas, situada en posición máis ou menos central.

      2. Engrosamento do esporanxióforo de certos fungos.

    2. Ramificación dun batolito ou dun lacolito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflamación dunha apófise.

    2. Osteonecrose aséptica dunha apófise. A máis frecuente é a da apófise tibial anterior ou enfermidade de Osgood-Schlatter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma particular da alternancia que afecta concretamente ás vocais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á apofonía.

    2. Recurso expresivo con finalidade intensificativa que consiste en repetir dúas palabras ou secuencias fónicas que se diferencian mutuamente por un fonema vocálico: pin-pan, tris-tras, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción dun esporófito, por vía asexual, a partir dunha célula do gametófito, que non é da ovocélula. Cando a célula que orixina o embrión é diploide fálase de apogamia somática, e cando é haploide de apogamia xenerativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas mariñas da familia das deleseriáceas, de talo vermello, acintado, de menos de 1 cm de largo e 10 cm de longo, netamente nerviadas, de ápice arredondado, fixado ao substrato mediante un disco. En lugares de escasa iluminación da costa galega aparece A. ruscifolium.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos apogónidos.

    2. Peixe da familia dos apogónidos.

    3. Familia de peixes da orde dos perciformes á que pertence o tomás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuscrito dunha obra, non autógrafo, copiado doutro que pode ser ou non o orixinal do autor. Ao modelo sobre o que se fai a copia ou aprógrafo chámase antígrafo. Entre o antígrafo ou orixinal e o apógrafo ou copia non acostuma haber outros textos intermediarios coñecidos, aínda que o apógrafo pode estar “contaminado” por outras copias que manexa o escribán cando está a realizar o seu exemplar; é dicir, pode ter diante outra ou outras copias, ademais do orixinal, das que pode intercalar lecturas diverxentes. En ocasións, o apógrafo pode estar mellor coidado co seu antígrafo, por exemplo cando este último desaparece ou sofre mutilacións ou desperfectos despois de ser copiado; neste caso o apógrafo convértese na mellor fonte de lectura correcta dunha obra. En xeral, este é o caso da maioría da tradición manuscrita románica medieval, na que é escasísimo o número de exemplares orixinais do propio autor conservados. No que atinxe á lírica galego-portuguesa, a totalidade do seu corpus...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soster unha cousa sobre outra.

    2. Xustificar ou explicar aquilo que se di presentando como base determinadas razóns ou probas.

    3. Dar ánimos a unha persoa, idea, proxecto, etc.

    4. Poñerse unha persoa ou cousa contra outra para se soster.

    5. Ter como base certas razóns ou probas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto que se situa ao lado ou debaixo doutro para que este manteña o equilibrio.

    2. Punto determinado onde un obxecto se afinca sobre unha superficie firme.

    3. Auxilio que se presta a alguén.

    4. Feito ou dito emitido en favor de alguén para a obtención dun obxectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non presenta polaridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recollerse as galiñas no poleiro.

    2. Situarse a galiña no niño para poñer o ovo.

    3. Subirse alguén a un lugar elevado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do grego Apollinarios ‘consagrado a Apolo’, a través do latín Apollinaris. Outra variante deste nome é Apolinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou o Vello (Alexandría s IV) Retórico cristián. Pai de Apolinar de Laodicea. Cando Xuliano o Apóstata prohibiu aos cristiáns a ensinanza das obras clásicas, escribiu para substituílas libros de gramática, poesías, etc, a imitación de Eurípides e doutros estudiosos, dun notable interese histórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou o Novo ( Ladiocea 313? - 329?) Bispo de Laodicea. Opúxose insistentemente ao Arrianismo afirmando a divindade de Xesucristo. Admitida a tricotomía antropolóxica (corpo, alma, espírito), ensinou que no Cristo este terceiro elemento estaba substituído polo logos divino, do que se segue que en Xesús non había natureza humana completa. A súa doutrina cristolóxica foi condenada polo Concilio de Constantinopla (381).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro bispo de Ravenna, cidade á que, segundo a lenda, chegara na compaña de san Pedro e no seu mesmo porto foi martirizado ata a morte (200). Atribúenselle moitos milagres, como a curación dun cativo cego e a exorcización dun poseso. O primeiro en lle dar tratamento de mártir foi Pedro Crisólego (432-452). A súa veneración foi exaltada especialmente por Xustiniano, dedicándolle dúas basílicas. Pertence ao s VII unha Passio sancti Apollinaris, totalmente apócrifa. A súa festividade celébrase o 23 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina cristolóxica de Apolinar de Laodicea e dos seus seguidores.

    VER O DETALLE DO TERMO