"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • PERSOEIRO

    Director de orquestra e pianista israelí. Realizou estudios de piano con Nadia Boulanger e Edwin Fischer, e dirección de orquestra con Igor Markevich. Debutou en Inglaterra en 1950, e en Nova York en 1957. Dende 1964 foi director e solista na English Chamber Orchestra, e dirixiu ópera en Bayreuth e no Festival de Edimburgo. Entre outras, dirixiu a Orchestre de París, a Orquestra Filharmónica de Nova York e a Orquestra Filharmónica de Berlín. Así mesmo acompañou a Fischer-Dieskau, Janet Baker e Jessye Norman. En 1956 recibiu o premio de piano Casella en Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editora musical alemá fundada por Karl Vötterle en Augsburgo en 1923. A súa produción abrangue dende a publicación de cancións populares ata métodos didácticos e obras corais e para órgano. Entre os títulos publicados destacan os 17 volumes da Die Musik in Geschichte und Gegenwart (1949-1987) e as edicións completas de Mozart, Liszt e Berlioz, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago Svalbard (Noruega), situada entre a illa de Spitzbergen e a de Edge (1.330 km2). Tomou o nome do explorador holandés Willem Barents, que descubriu o arquipélago no 1596.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Ártico, situado entre as illas Spitzbergen, as illas da Terra de Francisco Xosé, as illas de Nova Zembla e as costas setentrionais de Rusia e Noruega (1.400.000 km2). A súa profundidade media é duns 180 m e as máximas profundidades son duns 548 m ao O e duns 423 m ao L. Tomou o nome do explorador holandés Willem Barents. É moi rico en pesca e ten portos notables, como o de Murmansk e o de Arkhangel’sk en Rusia. A flota conxeladora galega captura nos seus caladoiros bacallau e pota, principalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e cartógrafo holandés, tamén coñecido como W. Barentsz. Participou en tres expedicións na procura do paso do NL no Ártico, onde descubriu as illas de Nova Terra, as Spitzbergen e a illa dos Osos (Bjørnøye). Foi un gran coñecedor do Mediterráneo, encargándose mesmo de realizar a cartografía das súas costas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Viaxou a Italia (1555) e traballou con Tiziano. Pintor de retratos colectivos, a súa obra consérvase no Rijsmusseum de Amsterdam. Recibiu as influencias de Tiziano e Tintoretto. A súa obra máis recoñecida é A adoración dos pastores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira occidental da ría do Barqueiro, no litoral oriental da parroquia de Bares (concello de Mañón), ao S do Porto de Bares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mañón baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria da vila homónima situada no concello de Mañón, partido de Ortigueira. As súas armas levan, en campo de prata, unha faixa de veros de azul, dunha soa orde; bordo de goles con cinco minguantes de ouro puntas abaixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Estudiou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Emigrado á Arxentina, estableceuse na cidade de Mercedes, na que traballou como contable. Colaborou en distintos xornais e revistas (La República, El Pueblo, El Eco de Galicia, El Correo de Galicia, etc). Publicou Prosa (1889), Más prosa (1899), La nación española y el nacionalismo vasco (1922) e Las formas de gobierno y la guerra (1921). En 1925 foi elixido socio da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do Mar Cantábrico, no litoral oriental da parroquia de Bares (concello de Mañón). Situada ao NL do Porto de Bares, constitúe a entrada da ría do Barqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensibilidade dos tecidos profundos (ósos, tendóns, aponeuroses, músculos, etc) á presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da literatura francesa. Especializouse en estudios sobre literatura hispánica. Publicou Espagne et Provence, études sur la littérature du Midi de l’ Europe (España e Provenza, estudios sobre a literatura do Sur de Europa, 1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e crítico literario italiano. Instalouse en Venecia, onde publicou a revista La Frusta Letteraria (1763-1765), pero, prohibida polo seu ton polémico, continuouna en Ancona. A súa obra máis importante é Discours sur Shakespeare et sur monsieur de Voltaire (Discurso sobre Shakespeare e o señor Voltaire, 1777).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comunidade autónoma de Cantabria, situado á esquerda da ría de Allo e drenado polos ríos Solorzano e Solorga (1.704 h [1996]). A súa capital é Allo. Turismo e pesca son as súas actividades principais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e historiador italiano, chamado propiamente Cesare Barone. Foi superior do Oratorio de San Filipo Neri (1593) e confesor pontificio (1594). A súa principal obra son os 12 volumes dos Annales eclesiastici (Anais eclesiásticos, 1588-1607), historia da Igrexa ata 1198, continuada por diversos autores, que acadou vinte e unha reedicións completas; escrita en ton apoloxético como resposta ás Centuries de Magdeburg, representou, non obstante, un avance na crítica histórica. Publicou un Martyrologium romanum (O martiroloxio romano, 1586).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e poeta. Desempeñou os oficios de xornalista e arquiveiro. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o xornal La Revolución e a revista Galicia Diplomática. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces na Arxentina. Colaborou en distintas publicacións (El Heraldo Gallego, Gaceta de Galicia, Revista Compostelana e Diario de Santiago). Como historiador publicou, entre outras obras, Efemérides de Galicia (1877), Testimonio de la capitalidad de Galicia (1882) e Guía histórica, arqueológica y militar de la antigua capital de Galicia, Santiago (1885). En canto ao eido literario, os seus primeiros traballos apareceron en La Estrella Compostelana e La Aurora de Galicia. É autor do poema en galego “O desterro (Camiño de Portugal)” (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e articulista, licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca. Na súa tarefa xurídica especializouse en cuestións relacionadas cos montes veciñais, a cota empresarial, os encoros e as industrias contaminantes; tamén participou como defensor en procesos vistos contra nacionalistas. Así mesmo, desenvolveu a súa actividade no eido da cultura e da normalización da lingua galega na Administración Pública e nos tribunais de xustiza. Publicou Os montes veciñais en réxime de propiedade xermánica na Galiza e no norde de Portugal. Foi cofundador da Agrupación Cultural Auriense (1968) e presidente da Asociación Cultural de Vigo (1974). É membro da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e da Comisión sobre Toponomia do concello de Ourense. No ano 2017, doou a súa biblioteca persoal, de máis de 7000 volumes, ao concello de Viana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • V B channel.

    VER O DETALLE DO TERMO