Barents, mar de

Barents, mar de

Mar do Océano Ártico, situado entre as illas Spitzbergen, as illas da Terra de Francisco Xosé, as illas de Nova Zembla e as costas setentrionais de Rusia e Noruega (1.400.000 km2). A súa profundidade media é duns 180 m e as máximas profundidades son duns 548 m ao O e duns 423 m ao L. Tomou o nome do explorador holandés Willem Barents. É moi rico en pesca e ten portos notables, como o de Murmansk e o de Arkhangel’sk en Rusia. A flota conxeladora galega captura nos seus caladoiros bacallau e pota, principalmente.