"Anda" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 490.

  • Antropónimo que procede do latín Venerandus, nome persoal latino usado só en época cristiá, correspondente ao xerundivo do verbo ueneror ‘venerar’, primitivamente ‘pedirlles aos deuses un favor ou unha graza’. O verbo veneror estaba etimoloxicamente emparentado con venus, veneris ‘amor’; e de aquí a personificación Venus, a deusa do amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alimento ou comida  destinada ao consumo humano.

    2. Comida que se dá ao gando.

    3. Carne dos moluscos bivalvos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que camiña por unha vía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Místico hindú. De nome Narendranāth Dutt, foi discípulo de Rāmakri ṣ hna (1882). Iniciou o diálogo intercultural e interrelixioso entre o hinduísmo e o cristianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás xuglandáceas.

    2. Planta da familia das xuglandáceas.

    3. Familia de árbores dicotiledóneas, da orde das xuglandais, con follas alternas, imparipinnadas, de flores masculinas reunidas en amentos e flores femininas epíxinas, solitarias ou en espigas, e froito en drupa que ao madurar abre deixando saír a noz. Son propias das zonas temperadas boreais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás xuglandais.

    2. Planta da orde das xuglandais.

    3. Orde de dicotiledóneas monoclamídeas que inclúe as familias das xuglandáceas e a familia das roipteleáceas, esta última cunha soa especie Rhoiptelea chiliantha.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Danza de orixe incerta, lenta, de forma binaria e compás de 3/4 ou de 3/2, que se converteu en parte esencial da suite instrumental barroca.

      2. Música desa danza.

    1. Ruído de berros ou voces altas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que consiste nun cerco de arame que suxeita unha rede en forma cónica que se emprega para a pesca de especies costeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do SO dos Países Baixos (2.932 km2; 371.866 h [2000]). A capital é Middelburg (44.668 h [1997]). Comprende o esteiro de Escalda, coas illas Walcheren, Zuid-Beveland, Noord-Beveland, Tholen e Schouwen, a península de Sint-Philipsland na rexión continental do Flandres zelandés. É un territorio chan, formado por arxilas aluviais, protexido do mar polas murallas dos diques. Os recursos económicos baséanse na agricultura e na gandaría. Aínda que Middelburg é a capital, o centro principal é Vlissingen. Habitada polos celtas, foi dominada por Roma (ss I a C- IV d C), e máis tarde, por Carlomagno. Formou parte do reino de Lotario I desde 843, e durante a Alta Idade Media foi un condado que gozou dunha certa independencia, ata que pasou á casa de Borgoña (1428). En 1579 asinou a Unión de Utrecht, que deu orixe ás Provincias Unidas. En 1815 integrouse no Reino dos Países Baixos.

    VER O DETALLE DO TERMO