"André" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 485.
-
PERSOEIRO
Artista e cineasta. Coñecido como Andy Warhol, partindo de experiencias informalistas de estilo abstracto-expresionista, converteuse no pioneiro da pop-art americana. Utilizou a fotografía e a serigrafía en composicións seriadas e repetitivas dunha mesma imaxe como accidentes de automóbil, Marilyn Monroe ou Mao. Dedicouse ao cine underground, mantendo a mesma imaxe durante horas na pantalla, Sleep (1963), ou mostrando a vida dos grupos marxinados, como en Blow-job (1964) ou Heat (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo galego procedente do hipocorístico feminino de Alexandra, que posteriormente creou a forma masculina Xandre.
-
PERSOEIRO
Bacteriólogo suízo. Ingresou no Institut Pasteur de París onde colaborou con Roux nos seus traballos sobre a toxina diftérica. En 1894 descubriu en Hong Kong o bacilo causante da peste (Yersinia pestis).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político ruso. Membro do comité central do PCUS (1927). Foi terceiro secretario do partido e dirixiu unha campaña contra as manifestacións culturais e artísticas que non seguían as normas do realismo socialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
č (Crimea 1850 - Peterburgo 1881) Revolucionario populista ruso. Foi un dos dirixentes do partido populista Narodnaja Vol’a (Vontade do Pobo) e o organizador dos atentados contra o Tsar Alexandre II.