"Apo" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 488.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Jalisco, México, situada no arrabalde NO de Guadalajara (1.001.021 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Ucraína, situada na ribeira do Dnièper (850.118 h [1999]). É un dos centros de siderurxia e de metalurxia non ferrosa máis grandes de Ucraína. Foi fundada en 1770 como fortaleza co nome de Aleksandrovsk ata 1921.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Ucraína (27.200 km2; 2.042.500 h [estim 1998]). A capital é Zaporizhzhia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore de máis de 15 m de altura co tronco de cor parda do que se extrae un látex empregado na fabricación da goma de mascar. As follas son elípticas, as flores hexámeras, solitarias, pediceladas e de cor branca e o froito é unha baia de cor marrón e comestible. É orixinario de México e América Central e do S.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zapotecos ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo zapoteco.

    3. Pobo indíxena de México centromeridional que vive no estado de Oaxaca, estendéndose polos estados de Veracruz, Chiapas e Guerrero. A cultura zapoteca varía segundo o hábitat e a economía. A sociedade está organizada ao redor dos centros de poboación cunha base agrícola. Na época precolombina tiveron unha cultura importante (100-800 d C), centrada no outeiro de Monte Albán.

    4. Lingua otomangueana do phylum amerindio que fala o pobo zapoteco e que comprende un gran número de dialectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político checo. Foi un dos fundadores do partido comunista de Checoslovaquia (1921). Presidente dos sindicatos (1945-1948), foi primeiro ministro (1948-1953) e presidente da república (1953-1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea roto, sucio e moi gastado.

    2. Peza de roupa vella, sucia e moi esfiañada.

    3. Cada un dos anacos pequenos en que cae a neve.

    4. Flocos que colgan e adornan o roncón e o fol da gaita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político grego. Participou nos diversos pronunciamentos militares entre 1922 e 1926. Durante a Segunda Guerra Mundial fundou e dirixiu o EDES e despois ELAS. Reincorporado ao exército cos seus homes durante o goberno de Tsaldaris (1946), fundou o partido nacionalista e, xa reinstaurada a monarquía de Xurxo II, foi ministro de Interior (1947) e de Obras Públicas (1950-1952).

    VER O DETALLE DO TERMO