"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

  • Período comprendido entre a maioría de idade de Isabel II (1843) e o Pronunciamento de Vicálvaro (1854), que estivo dominado politicamente polo partido moderado, que dirixía o xeneral Ramón María Narváez. O xeneral Narváez, que se sublevou contra a rexencia de Espartero en maio de 1843, presidiu o novo goberno dende 1844 e substituíu a Constitución de 1837 pola de 1845. Esta Constitución, moito máis conservadora ca a anterior, recoñecía que a monarquía e as Cortes, organizadas en Congreso e Senado, compartían a soberanía. Narváez transformou o seu goberno nunha ditadura moderada a consecuencia da revolución europea de 1848, e asinou un Concordato (1851) polo que a Igrexa aceptaba a desamortización e o clero recibía, a cambio, unha subvención do Estado. Entre outras medidas, creouse un corpo armado coa finalidade de manter a orde pública, a Garda Civil (1844), estableceuse o dominio do goberno sobre a administración local, reformouse a facenda e suprimíronse os tributos locais. Non obstante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período comprendido entre a volta ao poder absolutista de Fernando VII en España, apoiado polos Cen Mil Fillos de San Luís (outubro do 1823), e a súa morte, en setembro de 1833. Este período caracterizouse pola forte represión anticlerical, polo agravamento da crise do Antigo Réxime e pola reforma, iniciada polos absolutistas, de facenda e da administración. Estas reformas fixeron que o clero e a fidalguía constituísen un partido apostólico, encabezado polo irmán do rei, Carlos María Isidro. Fernando VII, sen fillos ata o seu cuarto matrimonio con María Cristina de Nápoles, declarou sucesora a súa única filla, a infanta Isabel (1830), e a súa nai viuse na obriga de buscar o apoio dos liberais para defender o dereito ao trono da súa filla. A recuperación do absolutismo contou en Galicia coa axuda das clases dirixentes e da Igrexa. Entre os seus partidarios cómpre destacar a Rafael de Vélez (Santiago de Compostela), Dámaso Iglesias Lago (Ourense), José Antonio de Azpeitia y Sáenz (Lugo) ou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece a Historia general de los hechos de los castellanos en las islas y Tierra Firme del mar Océano (1601-1615) de Antonio de Herrera. Está dividida en oito décadas e foi a primeira obra sistemática sobre a América do período 1492-1554.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de decaer.

      2. Período no que se produce a decadencia.

    1. Proceso de debilitamento dun sistema social como consecuencia do desenvolvemento progresivo e a consolidación no seu seo de novos elementos antitéticos que preparan o cambio social e configuran un novo sistema social. Dende unha visión estática da historia, cualificouse como un período histórico de crise xeral no que concorren unha serie de fenómenos, en contraposición a outras épocas de maior esplendor ás que se desexa volver. A partir dunha perspectiva histórica evolucionista, defendeuse que todas as sociedades pasan por uns períodos de expansión, decadencia e morte que dan paso a sociedades superiores, nunha visión gradual e cíclica do progreso humano. As correntes historiográficas máis recentes superaron estas concepcións. Non existen uns períodos superiores e outros inferiores no desenvolvemento da historia, senón sociedades, sistemas sociais cualitativamente diferentes que son substituídos por procedementos dialécticos: ao tempo que se consolida un sistema desenvólvense nel elementos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que decae ou está en decadencia.

    2. Relativo ou pertencente á unha época de decadencia.

      1. Relativo ou pertencente ao decadentismo.

      2. escola decadente /

        decadentismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico e literario nacido en Francia a finais do s XIX, no clima de derrota nacional, xerado polas sucesivas crises que seguiron o Segundo Imperio e a guerra de 1870. A xustificación do termo e a ideoloxía parten das teorías de Giambattista Vico, Rousseau e do estudo de Montesquieu sobre a decadencia dos imperios. Influído polo pensamento de Schopenhauer, reflicte a angustia vital que xurdiu do contraste entre as ambicións desmedidas do sistema capitalista emerxente e da ciencia positivista, e a limitación dos seus resultados, que negaban os valores da sociedade tradicional e, en especial, da relixión, sen propoñer unha alternativa. O baleiro espiritual traduciuse nunha crítica ao pretendido progreso que se manifestou nunha certa nostalxia de épocas pasadas, acompañada dunha compracencia estética morbosa nos signos da decadencia do momento histórico contemporáneo: corrupción moral, crueldade, exaltación da forza e gusto polo enfermizo e depravado. Comportaba sentimentos de...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un período de decadencia ou ao decadentismo.

    2. Que ou quen é partidario do decadentismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de dedicar ou dedicarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que defeca.

    2. Aparello para defecar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de delicado.

    2. Comportamento dunha persoa delicada.

    3. Acción delicada que demostra atención ou amabilidade con alguén.

    4. Cousa que destaca pola súa calidade ou perfección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante culta correspondente ao apelido Delgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se deteriora ou dana facilmente.

      2. Que carece de fortaleza física e sofre doenzas con moita facilidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “O delicado, pouco mal pero ben laiado”.

      3. Sensible ante calquera molestia, especialmente as físicas.

      4. Que é propenso a resentirse co trato falto de delicadeza dos demais.

      1. Que é agradable, belo e suave.

      2. Que sobresae pola súa fineza, calidade ou perfección.

    1. Aplícase ao asunto que hai que executar ou tratar con gran coidado ou con habilidade pola súa complexidade.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e lexicógrafo. Discípulo de Nebrija, foi corrector de obras en castelán en Venecia e Roma, de onde fuxiu despois do saqueo da cidade. Publicou, entre outras obras: Specchio vulgare per li Sacerdoti (1525) e Retrato de la loçana andaluza (1528).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que demarca.

    2. Signo con valor fonolóxico (fonema ou non, múltiple ou sinxelo) que aparece no límite dunha palabra, inicio ou final, e sinala nunha lingua dada a limitación formal entre as distintas unidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se aplica no estudo ou no traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desbocarse.

    2. Que ten poucos ou ningún dente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que descalcifica.

    2. Aparato que se emprega para descalcificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de descascar.

    2. Caída de parte da pintura ou do revestimento que cobre unha superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte dunha parede ou doutra superficie que perdeu a capa externa de pintura ou doutro revestimento que a cubría.

    VER O DETALLE DO TERMO