"Cis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1012.

  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Canterbury e primado de Inglaterra (1945). Impulsou a renovación da Igrexa Anglicana, presidiu as conferencias de Lambeth (1948 e 1958) e animou a creación do Consello Ecuménico das Igrexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Expoñente da época do jazz e da desilusión da xuventude trala Primeira Guerra Mundial, escribiu guións de cine en Hollywood. Da súa produción destaca The Side of Paradise (A este lado do paraíso, 1920), Tales of the Jazz Age (Contos da idade do jazz, 1922), The Vegetable (O vexetal, 1923) e The Great Gatsby (O gran Gatsby, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Foi profesor na Universidade de Dublín e membro da Royal Society de Londres. Realizou investigacións sobre as ondas electromagnéticas e a teoría do éter. Interpretou a famosa experiencia de Michelson sobre a determinación da velocidade da luz e en 1895 enunciou a teoría da contracción lonxitudinal dos corpos en movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de caracteres fonéticos dunha lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica ao estudo da fonética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor escocés. Da súa produción, en esperanto, destacan Kvaopo (1952), volume de poesía colectivo, Vitralo (1960), La granda Kaldono (1978) e Tri rakontoj pri la Miljara Paco (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Sam Francis, recibiu a influencia de Clyfford Still. Establecido en París en 1950, coñeceu os informalistas. Creou nas súas obras un espazo a base dunha xustaposición de manchas monocromas, que despois activou con grandes manchas de cor e con espacios intermedios, nos que baleirou un goteo de pintura. A mediados da década dos sesenta achegouse ás correntes minimalistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento relixioso xurdido ao redor de san Francisco de Asís e de acordo co seu espírito, especialmente a pobreza e o amor a todas as criaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a San Francisco de Asís e aos relixiosos que seguen a súa regra.

      1. Membro da orde mendicante fundada por san Francisco de Asís en 1208.

      2. Denominación que reciben as congregacións relixiosas que se declaran herdeiras da orde mendicante fundada en 1209 por san Francisco de Asís, a Orde dos Irmáns Menores (Ordo Fratrum Minorum).
        Programa espiritual
        San Francisco puxo en marcha o seu ideal relixioso a comezos do s XIII, cando a Igrexa vivía un momento de relaxación moral xeralizado. San Francisco propúxose combater as desviacións e abusos da Igrexa e propugnou un programa espiritual baseado en varios puntos: fraternidade, igualdade dos seus membros; desapropiación, pobreza evanxélica; obediencia á Igrexa de Roma; itinerancia, peregrinación dos seus membros fronte a estabilidade do monxe; vida en contacto co pobo; predicación penitencial, máis con exemplos ca con palabras. Este programa espiritual resumiuse en tres conceptos: sinxeleza, amor fraterno e alegría.
        Orixe e diversificación do movemento franciscano
        Francisco de Asís era fillo dun acomodado comerciante italiano....

      3. escola franciscana

        Liña do pensamento filosófico teolóxico propia dos franciscanos durante a Idade Media. Próxima ao agostinismo, opúxose ao tomismo. Distínguese entre a escola franciscana antiga, representada en París por Alexandre de Hales (1185?-1245) e san Boaventura (1221-1274), e en Oxford por Robert Grosseteste (1170-1253) e Tomás de York; a escola franciscana media, na que destacou John Peckam; e a escola franciscana última, representada por John Duns Escoto (1266?-1308). A finais da Idade Media derivou, coa figura de Guillerme de Ockham (1285-1347), cara ao conceptualismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Estudiou no colexio dos Xesuítas de Monterrei e na Universidad de Salamanca, onde solicitou o seu ingreso na orde dos franciscanos. No 1586 ingresou no convento de San Francisco de Villalpando, onde realizou os seus votos (1587) e permaneceu como novicio. No 1588 trasladouse ao convento de San Francisco de Pontevedra. Destinado a misións no convento de Churubusco en México (1593), ampliou os seus estudios e foi ordenado sacerdote (1596). Trasladouse a Filipinas e pasou a Xapón no mesmo ano, onde foi destinado ao convento de Miyako, pero os enfrontamentos da súa orde cos xesuítas provocaron a súa prisión. Morreu martirizado xunto con outros compañeiros. Beatificado no 1627 polo Papa Urbano VII foi canonizado en 1862 polo Papa Pío IX. A súa reliquia principal, a súa caveira, consérvase na capela de Outarelo (O Barco), onde anualmente se realiza un solemne novenario e unha romaría. A súa festa celébrase o 5 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militante anarcosindicalista. Ao comezo da Guerra Civil estaba en Melilla, e foi condenado á pena de morte. Conmutada a pena, trasladouse a Vigo, onde traballou como contable na empresa Vulcano dende 1949 e liderou o proceso de reconstrución da Confederación Regional Galaica (CRG) da CNT. En 1957 apoiou a Jaime Garrido Vila na creación do Frente Juvenil Democrático. Trala folga organizada na primavera de 1962, en solidariedade cos mineiros asturianos, foi detido e condenado a once anos de cadea. Liberado en 1966, e despois dun breve período de residencia en Vigo, marchou a Francia. Retornou a Vigo en 1976, para participar na reorganización da CNT, pero morreu ao pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fundador dos franciscanos. Participou na Guerra entre Perusa e Asís e caeu prisioneiro (1202). Trala súa liberación, volveu a Asís e renunciou aos bens materiais e á familia. Recluíuse como eremita en San Damián (1207) e iniciou a predicación, centrando a súa doutrina evanxélica na pobreza. Reuniu un grupo de seguidores, que recibiron a aprobación de Inocencio III (1210) e se converteron na orixe dos franciscanos. Clara de Asís seguiuno e fundou con el a orde das clarisas (1212). Asistiu ao Concilio IV de Letrán (1215), onde o papa confirmou a regra da fraternidade. En 1217 celebrouse o primeiro Capítulo Xeral da orde, que se dividiu en 12 provincias. Dous anos despois uniuse á cruzada, entrevistouse co sultán e, de volta a Italia, retomou a predicación e a vida eremítica. En 1224 foi marcado cos estigmas da paixón de Cristo e canonizado en 1228 por Gregorio IX. A súa festa celébrase o 4 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, primeiro marqués de Llombai e duque de Gandía, fillo de Xoán de Borja e Enríquez e de Xoana de Aragón. Foi nomeado lugartenente de Catalunya (1539) e, en Barcelona, coñeceu os primeiros xesuítas. Morto o seu pai (1542), herdou o ducado de Gandía. Instalado nesta cidade, fundou o primeiro colexio de xesuítas do mundo. Doutorado en Teoloxía en Gandía (1550), marchou a Roma. Prepósito xeneral dos xesuítas (1565-1572), creou numerosos colexios en Europa e iniciou as misións de Florida, Perú e México. O papa nomeuno cardeal pero non aceptou. Foi beatificado por Urbano VIII en 1624 e canonizado por Inocencio X en 1671. Na iconografía viste co hábito dos xesuítas e leva, como atributos, o capelo de cardeal ou a coroa ducal no chan, amais dunha custodia e un cranio. A súa festividade celébrase o 3 de outubro (antes da reforma do calendario litúrxico, o 10 de outubro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hércules Francisco d’Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Ingresou nos franciscanos no 1428 e retirouse á vida eremítica (1429-1435). Trala chegada de numerosos discípulos construíu o primeiro oratorio (1452) e, co apoio de diversos cardeais, constituíu unha nova orde, denominada Congregación dos Mínimos, que foi aprobada por Sisto IV (1474). Posteriormente construíu novos eremitorios en Spezzano della Sila (1474), Corigliano Calabro (1476) e Milazzo (1480). Canonizado por León X (1519), a súa festividade celébrase o 2 de abril. Na iconografía leva hábito con capuchón da congregacións dos Mínimos con escapulario curto rematado en semicírculo, e, como atributos, unha caxata curvada ou un crucifixo na man; ás veces, aparece axeonllado sobre ondas do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Místico e prosista francés. Estudiou nas universidades de París (1582) e Padua (1589). Bispo d’Annecy-Xenebra (1602), implantou a reforma en todos os campos, cunha especial atención á predicación. Fundou a orde da Visitación con Jeanne F. Fémyot de Chantal (1610) e foi canonizado (1665). A súa espiritualidade reflíctese especialmente en Introdution à la vie dévote (1608) e Traité de l’Amour de Dieu (1616). Na iconografía represéntase barbado e medio calvo, e leva vestido unha muceta episcopal morada, ás veces coa estola por riba; como atributos xerais, leva un libro, pluma de ave e, como atributo persoal, un orbe flamexante ou un corazón, tamén en chamas e coroado de espiños. A súa festividade celébrase o 24 de xaneiro (antes da reforma do calendario litúrxico o 29 de xaneiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiduque de Austria, fillo do arquiduque Carlos Luís e sobriño do Emperador Francisco Xosé I. Proxectou unha organización trialista que asociara Croacia, Bosnia, Dalmacia e Eslovenia nun estado iugoslavo vinculado a Austria-Hungría e que reforzase a autoridade da monarquía e da Igrexa. O seu asasinato por un nacionalista serbio o día 8 de xuño, preludiou a Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1745-1765), duque de Lorena (Francisco III; 1729-1737), de Plasencia (1734-1748), de Parma (1738-1748) e de Piacenza (1746-1748) e gran duque de Toscana (Francisco III; 1737-1765), fillo do duque Leopoldo I de Lorena. Formado en Viena, casou en 1736 con María Tareixa de Austria, filla e herdeira do Emperador Carlos VI, polo que en 1740 foi nomeado correxente e en 1745 coroado emperador en Frankfurt. Foi o iniciador da dinastía dos Habsburgo-Lorena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei das Dúas Sicilias (1825-1830) e duque de Calabria (1817-1825), fillo de Fernando I e de María Carolina de Austria. Nomeado rexente de Sicilia en 1812, dotou á illa dunha constitución de carácter liberal na que se outorgaba o poder lexislativo a unha Cámara de Notables e a unha Cámara de Comúns. En 1816 o seu pai aboliu a Constitución e retirouno do poder. Trala revolta dos carbonarios, volveu ao poder como vicario xeral en 1820 e restableceu a Constitución, que foi suprimida un ano máis tarde por causa da intervención austríaca. Volveu ser rei en 1825 e trala Revolta de Cliento (1827) deixou o goberno en mans dos seus ministros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco II.

    VER O DETALLE DO TERMO