"ERS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • CIDADES

    Cidade de Xutlandia, Dinamarca, na beira do Gudenå e antes de formar este río o fiorde de Randers, en Kattegat (62.205 h [2001]). É un porto e centro comercial, con industrias metalúrxicas e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao elemento representado con inversión do seu eixe vertical usual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de reconverter ou reconverterse.

    2. Adscrición a unha nova actividade profesional.

      1. Proceso a través do que a estrutura produtiva dun estado ou dun sector económico concreto, se adapta a unha nova tecnoloxía ou contexto social.

      2. Proceso tendente a reconstruír unha situación anterior, como pode ser o paso dunha economía de guerra a unha economía de paz.

      3. reconversión industrial

        Conxunto de medidas encamiñadas a reestruturar determinadas ramas e sectores industriais en crise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta noruegués. A súa poesía caracterízase polo sentimento de liberdade, que plasmou en Indvielsens aar (Os anos de iniciación, 1921), Horisont (1934) e Dikt fra krigstiden (Poesías de tempo de guerra, 1946), ademais dunha recompilación de poemas (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desviación ou inclinación cara a atrás dun órgano do corpo.

      1. Acto de traducir novamente á lingua orixinal un fragmento xa traducido daquela lingua, feito normalmente como exercicio didáctico.

      2. Fragmento que se retraduciu ou se vai retraducir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista sueco. Profesor en Lund e Estocolmo, ideou o concepto de índice cefálico ou cranial para poder clasificar as razas. Describiu o ganglio ciliar e a cavidade peritoneal que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axencia de noticias creada en Londres en 1851 polo empresario Paul Julius Reuter. Concibida como unha axencia de información económica, axiña ampliou os contidos e seccións das informacións e recibiu a subscrición de todos os diarios londinenses. A guerra de Secesión estadounidense e a etapa imperial francesa consagraron a axencia, que se estendeu por diversos países. Considerada unha das cinco máis prestixiosas do mundo grazas á súa rede informativa, a súa rapidez e o seu rigor, conta cun cadro de persoal de máis de 2.500 xornalistas, fotógrafos e cámaras que traballan en 198 oficinas e delegacións distribuídas en 150 países, desde as que trasmiten información en 26 idiomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de reversible.

    2. Principio que establece que, nun proceso reversible, as reaccións directa e inversa seguen o mesmo mecanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se pode facer ou producir ao revés ou en sentido contrario.

      2. Aplícase aos procesos ou reaccións que poden ter lugar nun ou noutro sentido.

      3. Aplícase ao proceso ou á reacción que progresa a través dunha sucesión de estados de equilibrio.

      4. proceso reversible

        Proceso experimentado por un sistema material no que, ao variar infinitesimalmente as condicións baixo as que se produce, cambia o sentido do proceso.

    1. Que pode pórse ao revés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reverter.

    2. Retorno dunha cousa ou dunha persoa ao seu estado anterior.

    3. Dereito de recuperar un ben expropiado cando non se executou a obra ou non se estableceu o servizo que motivou a expropiación e cando desapareceu a afectación. O exercicio deste dereito comporta o aboamento á administración do prezo do ben valorado no momento en que se solicitou a recuperación.

    4. Desenvolvemento anormal dun órgano rudimentario que recorda a outro órgano dunha especie inferior.

    5. Mutación sufrida por un individuo no sentido inverso ao dunha mutación anterior, que é constatada polo feito de que volve ao fenotipo salvaxe inicial. OBS: Tamén se denomina mutación supresora ou retromutación funcional, para distinguilo da retromutación propiamente dita, na que se coñece que foi restablecido, ademais, o xenotipo salvaxe.

    6. atavismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cara de algo oposta á que se considera principal.

    2. Cara dunha moeda ou medalla oposta á principal.

    3. Cara posterior dun selo, lisa nos adherentes e con algún relevo nos colgantes.

      1. Parte posterior dunha folla ou dun manuscrito.

      2. Páxina que queda á esquerda cando un libro está aberto e que se corresponde coa numeración par.

    4. envés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e deseñador. Formado na Academia de Múnic (1888-1890), foi cofundador das Vereinigte Werkstätten für Kunst und Handwerk. Os seus mobles combinaron o sentido estético do Jugendstil cun marcado funcionalismo. Dirixiu a Escola de Artes Decorativas de Múnic e a Escola Técnica de Colonia. Influído polas ideas da cidade xardín inglesa, proxectou unha cidade obreira en Hagen (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Nixeria (21.850 km2; 4.454.337 h [estim 1995]). A súa capital é Port Harcourt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e músico de jazz. Coñecido como Sam Rivers, o seu estilo constitúe unha síntese de elementos tradicionais e o free-jazz. Colaborou con Miles Davis en 1964.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e psicólogo inglés. Publicou The Todas (1906), History of Melanesian Society (1914) e Social Organization (1924), baseadas no seu traballo de campo. Tamén construíu unha teoría sobre o parentesco (Kinship an Social Organization, 1914) e interesouse pola psicanálise (Instinct and the Unconscious, 1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, EE UU, situada á beira do río Santa Ana, ao L de Los Angeles, forma unha conurbación metropolitana xunto con San Bernardino e Ontario (255.166 h [2000]). É o mercado e centro distribuidor da maior área produtora de laranxas a nivel mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico francés. Relacionouse con físicos, como Marsenne, Fermat ou Pascal. Ideou un tipo de balanza que leva o seu nome e estudou a atracción entre partículas de materia. Determinou a área da cicloide e desenvolveu a teoría dos invisibles, para calcular áreas e volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cooperativa de consumo creada en Rochdale en 1844 por 28 obreiros, en gran parte tecedores. Recolleu as teorías de Robert Owen e significou o inicio do moderno cooperativismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Coñecido como Santiaguiño, constituíu o Sindicato General de Trabajadores de Tui (SGT) e integrouno na CNT. Coa ilegalización do SGT durante a Ditadura de Primo de Rivera estivo desterrado en Lugo. Durante a Segunda República Española destacou na Confederación Regional Galaica (CRG) como enlace co agrarismo e defensor do traballo sindical cos pequenos propietarios rurais. Colaborador do semanario Tribuna, foi membro da xestora municipal do Frente Popular, aínda que non chegou a tomar posesión. Morreu asasinado no comezo da Guerra Civil Española.

    VER O DETALLE DO TERMO