reversión
(< lat reversĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de reverter.
-
s
f
Retorno dunha cousa ou dunha persoa ao seu estado anterior.
-
s
f
[DER/ADM]
Dereito de recuperar un ben expropiado cando non se executou a obra ou non se estableceu o servizo que motivou a expropiación e cando desapareceu a afectación. O exercicio deste dereito comporta o aboamento á administración do prezo do ben valorado no momento en que se solicitou a recuperación.
-
s
f
[BIOL]
Desenvolvemento anormal dun órgano rudimentario que recorda a outro órgano dunha especie inferior.
-
s
f
[XEN]
Mutación sufrida por un individuo no sentido inverso ao dunha mutación anterior, que é constatada polo feito de que volve ao fenotipo salvaxe inicial. OBS: Tamén se denomina mutación supresora ou retromutación funcional, para distinguilo da retromutación propiamente dita, na que se coñece que foi restablecido, ademais, o xenotipo salvaxe.
-
s
f
[XEN/ANTROP]
atavismo.