"Francisco" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 574.
-
GALICIA
Funcionario e político agrarista. Loitador antiforista e orador, presidiu a Federación Municipal Agraria de Tomiño. Foi membro do Partido Galeguista, coorganizador e tesoureiro do Congreso Provincial Agrario (1929) e alcalde interino do concello de Tomiño en 1931. Foi redactor de El Agro de Tomiño (1928), fundador e director do semanario Agro del Miño (1931) e redactor de Nuevo Heraldo (1934-1936). Publicou Memoria correspondiente al XX año de su existencia y al Ejercicio de 1925 (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mago, humorista e presentador de televisión. Como mago obtivo diversos recoñecementos en congresos nacionais e internacionais. Realizou ademais unha xira por distintos países europeos, especialmente por Reino Unido, onde actuou en diversas ocasións na BBC. En España participou en programas de TVE e Tele 5.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo e político. Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, ingresou na UPG en 1971, da que foi secretario xeral ata que a formación se integrou no BNG. Foi membro da comisión permanente e do consello nacional do BNG e deputado no Parlamento de Galicia (1993-1997) e no Congreso desde 1996. Cultivou a crítica literaria e o ensaio, e colaborou en diversas publicacións, como A Nosa Terra e Diario 16 de Galicia. Das súas obras destacan A evolución ideolóxica de M. Curros Enríquez (1973), Conflito lingüístico e ideloxía na Galiza (1976), Problemática nacional e colonialismo (1978), en colaboración con Ramón López-Suevos; Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988, Premio da Crítica Galega), Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación (1990) e Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Foi maxistrado da Audiencia Territorial de Madrid e do Tribunal Supremo. Foi membro de número do Instituto Español de Derecho Procesal e colaborador e conselleiro da Revista de Derecho Procesal. Escribiu El denominado Derecho Foral Gallego y su compilación (1961). Recibiu a gran cruz de San Raimundo de Peñafort (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi bibliotecario da Universidade de Santiago de Compostela e autor do cronoloxicamente primeiro dicionario galego-castelán, o Dicionario gallego-castellano, elaborado entre 1850 e 1853 e publicado en 1863 na revista coruñesa Galicia. Era, segundo o seu editor Antonio Mª de la Iglesia, parte dun proxecto máis ambicioso que incluía tamén unha gramática, un estudo comparativo do galego con outras linguas, un dicionario castelán galego e unha antoloxía literaria. Recolle arredor de 3.859 entradas e suponse que moitas das voces son das zonas de Bermés e Santiago; pero ademais cita a Sarmiento, a Cornide e a un tal Seguino. O texto orixinal foi manipulado por De la Iglesia que, segundo Pensado Tomé, realizou o labor de “uniformar todos esos materiales, organizarlos alfabéticamente, definir las voces que quedaban simplemente enumeradas, agregar otras, suprimir algunas, y añadir todo lo que le pareció oportuno con tal de seguir el plan que llevaba en su mente el bibliotecario...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Gañou o favor da corte de Filipe IV. Retocou e puliu o seu teatro co fin de conseguir en ocasións unha elegancia e unha perfección extraordinarias, e destacou por uns trazos moi característicos, como a figura da dona vingadora da súa honra, que reproduciu en Cada cual lo que le toca, Progne y Filomena, e a intensificación da figura cómica en Entre bobos anda el juego ou Don Lucas del Cigarral. Cunha poderosa forza dramática cómpre salientar Del rey abajo ninguno, en que trata o problema da lealdade á monarquía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e dorador. Realizou case todas as súas obras en colaboración co seu irmán Xoán Antonio Rolán de Santa Cruz . Destacan o retablo de santa Rosa, na igrexa parroquial da Guarda; os retablos laterais de San Pedro do Castro de Laza; o retablo da Expectación da catedral de Tui (1728) e o retablo maior de Santa Mariña do Rosal (1729).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Foi catedrático de Anatomía Descriptiva e reitor en tres ocasións da Universidade de Santiago de Compostela, á que representou como senador en 1896. Colaborou en El Eco de Santiago e Fin de siglo, e escribiu Tratado de angioneurología o sistema vascular y nervioso, considerados paralelamente en su parte anatómico-filosófica (1869), Ensayo de angilogía anormal: casos de notable anomalía del sistema vascular (1875) e Programa de Anatomía humana: normal y fisiológica, general y descriptiva (1884). Académico da Real Academia Nacional de Medicina, foi académico fundador da Real Academia Galega (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e escritor. Cofundador do Seminario de Estudos Galegos (1923), escribiu La lengua de Cristóbal Colón (1969), onde tentaba demostrar a orixe galega do descubridor e, postumamente, Vocabulario de Soneira (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Catedrático de Patoloxía Cirúrxica (1910) pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en otorrinolaringoloxía e oftalmoloxía. Publicou numerosos traballos sobre a súa especialidade, como Hematomas del tabique de las fosas nasales como complicación de los traumatismos de la nariz, estudiados a partir del conocimiento de varias observaciones prácticas (1913), Nociones de terapeútica de las enfermedades de la nariz, garganta y oídos: para uso del médico práctico (1913) e Estudio crítico de los medios de tratamiento de la disfagia consecutiva a la tuberculosis laríngea (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Deputado pola Unión Liberal (1856), participou na Revolución de 1868. Foi ministro de Fomento (1872) e de Gobernación (1874-1875, 1879-1881 e 1884). Colaborou cos conservadores na Restauración, pero en 1885 rompeu con eles e fundou o Partido Reformista, situado entre conservadores e liberais. Fracasado o intento de 1888, volveu ao Partido Conservador e ocupou os ministerios de Ultramar (1891-1892) e de Graza e Xustiza (1895). En 1902 foi elixido presidente do Congreso de los Diputados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Corrixidor de Madrid, foi o instigador do Motín dos Gatos (1699), contra o conde de Oropesa. Na Guerra de Sucesión Española serviu no bando borbónico e Filipe V nomeouno presidente do Consello de Castela, cargo do que foi destituído en 1714.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Rubiales.
-
PERSOEIRO
Nobre, VIII conde de Lemos, V marqués de Sarria e grande de España, fillo de Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal. Membro da orde de Santiago (1598), foi lugartenente de Nápoles durante as ausencias do seu pai e do seu irmán, Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII conde de Lemos. Foi embaixador en Venecia (1606) e Roma (1609) e vicerrei e capitán xeneral de Sicilia (1616). Participou na defensa da Coruña ante un posible ataque inglés en 1625 e ao ano seguinte entrou no Consello de Estado de Filipe II. En 1629 renunciou aos seus títulos e ingresou na orde beneditina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Despois de residir en Italia (1521-1526), onde coñeceu a Bembo, Sannazaro e Ariosto, introduciu as formas renacentistas italianizantes en Portugal con Fábula de Mondego e a égloga Alexo (1527). A súa tarefa innovadora concretouse na introdución da comedia en prosa e na adaptación de novas estrofas e novos subxéneros. Escribiu tamén obras de tipo tradicional e alternou as linguas portuguesa e castelá, debido á pertenza, nesa época, de Portugal á coroa castelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar. Nomeado ministro de Facenda en 1797 por M. de Godoy, substituíu a este como secretario de estado en 1798, aínda que tivo que dimitir ao mes seguinte. Retirado en Sevilla, dirixiu a Junta Suprema para loitar contra a invasión francesa (1808).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano, irmán de X. A. Saco Arce. Ordenado sacerdote en 1870, foi superior dos franciscanos de Casablanca e Tánxer. Fundou o convento de Vistahermosa (Ourense) e foi comisario provincial (1884). Escribiu Estatutos municipales de la Venerable Orden Tercera de Penitencia... de la ciudad de Tánger (1881) e Estatutos de la Santa Provincia de Santiago (1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi autor dalgunhas das vilas novas da periferia de Madrid realizadas coa colaboración de Cubillo, Romany e Sierra como Erillas (1955), Batán (1960) e Entrevías (1956). Foi catedrático e director (1981-1983) da Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Das súas obras destacan as Torres Blancas (1962-1968), o Banco de Bilbao (1979) e o edificio da administración dos Recintos Feriales (1988-1991), todas elas en Madrid. Colaborou co proxecto Abrir Vigo ao Mar co deseño do centro de ocio da Laxe. Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura polo Centro Atlántico de Arte Contemporáneo de Las Palmas de Gran Canaria e en 1993 o Premio Príncipe de Asturias das Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e sacerdote. Foi avogado da Audiencia da Coruña, membro do Real Consello de Facenda e do Consello de Castela e abade de Alcalá la Real. Escribiu Tractatus de regia protectione vi oppressorum a causis judicibus ecclesiasticis (1627), Larynthus creditorum... concurrentium (1651) e Tractatus de supplicatione ad sanctissimun a literis et bullis apostolicis, in perniciem reipublicae, regni, aut regis, aut juris tertii praejudicium impetratis: et de earum retentione interim in senatu (1664).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Foi fiscal da Audiencia Territorial de Galicia. Colaborou en Vida Gallega e escribiu, entre outras obras, Los bacilos y los bastoncitos de Doña Perfecta, A leenda dun probe (1918), A Galicia (1918) e Cantares da Terra (1922).
VER O DETALLE DO TERMO