Rodríguez Sánchez, Francisco
Filólogo e político. Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, ingresou na UPG en 1971, da que foi secretario xeral ata que a formación se integrou no BNG. Foi membro da comisión permanente e do consello nacional do BNG e deputado no Parlamento de Galicia (1993-1997) e no Congreso desde 1996. Cultivou a crítica literaria e o ensaio, e colaborou en diversas publicacións, como A Nosa Terra e Diario 16 de Galicia. Das súas obras destacan A evolución ideolóxica de M. Curros Enríquez (1973), Conflito lingüístico e ideloxía na Galiza (1976), Problemática nacional e colonialismo (1978), en colaboración con Ramón López-Suevos; Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988, Premio da Crítica Galega), Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación (1990) e Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada (1993).
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : rantes, Ferrol