"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • PERSOEIRO

    Pianista de jazz. Coñecido como Tete Montoliu, formouse co seu pai e con D. Cots. Cego de nacemento, foi discípulo de Don Byas (1945-1947). Durante a década de 1960 actuou como músico con Dexter Gordon, John Coltrane, Stephane Grappelli, Lucky Thompson e Chet Baker. Son especialmente importantes as súas colaboracións a dúo co vibrafonista Bobby Hutcherson e co contrabaixista danés Niels Henning Orsted Pedersen. Da súa discografía destacan Body & Soul (1971), Tete a Tete (1976), The Man From Barcelona (1990), Tete en el San Juan (1995) ou Free boleros (1996). Postumamente editouse o seu derradeiro concerto co título Per sempre, Tete (1997). Obtivo o premio Ciutat de Barcelona polo conxunto da súa obra (1988) e a Creu de Sant Jordi (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vicente González Montoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pluricelular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de munificiente.

    2. Acto propio dunha persoa munífica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso mercedario. Cursou a carreira sacerdotal no mosteiro de San Xoán de Poio (1938-1945). Adicouse á docencia e interesouse polo estudo da lóxica, a historiografía mercedaria e a cultura científica en xeral. Publicou Zumel y el Molinismo (1953), Lecciones de Lógica (1972) e Ciencia y filosofía en la Península Ibérica, 1450-1600 (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora canadense. De nome Alice Anne Laidlaw, iniciou o seu labor literario coa colección de relatos Dance of the Happy Shades (1968). Especializada en relatos curtos que teñen como base o carácter das xentes de Ontario e da comunidade escocesa, da súa obra destacan Lives of Girls and Women (1971), The Moons of Jupiter (1982), The Progress of Love (1986, Governor General s Award for Fition) e Hateship, Friendship, Courtship, Loveship, Marriage (2001), en que analiza os cambios inesperados que experimentan algunhas persoas sobre si mesmas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueóloga hindú. Naturalizada británica, dirixiu escavacións en Malta e en Menorca e publicou as primeiras memorias sistemáticas de escavacións en poboamentos talaióticos menorquinos coa serie Cambridge Excavations in Minorca: Trepucó (1932-1938) e Sa Torreta (1934). Tamén publicou Ancient Egyptian Legends (1904), The Genesis of Religion (1963) e My First 100 Years (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do voivodato de Sląskie, Polonia, que está situada ao SO da aglomeración de Katowice (78.973 h [2000]). É un núcleo industrial onde destaca a mecánica e a electrónica. Considérase unha das cidades máis antigas de Alta Silesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pórtico situado diante da porta dunha igrexa. Normalmente constaba de columnas e arcadas, e podía atoparse cunha construción illada ou ben a rentes da fachada. Na antiga igrexa utilizábase para acoller aos catecúmenos e aos penitentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autorización concedida, durante a Segunda Guerra Mundial, polas autoridades consulares británicas aos exportadores que habían de embarcar mercadorías destinadas a países neutrais e sobre os que existía a dúbida ou sospeita de que non tivesen como último destino algún país inimigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Afín ao personalismo, o seu pensamento acentuou o intimismo aínda que non o factor social. Da súa obra destaca Personne humaine et nature (1943) e Intersubjectivité et ontologie (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade antiga de Bitinia (posteriormente Iznik, Turquía), situada uns 50 km ao SL de Constantinopla. Fundada en 316 a C por Antígono Monóftalmos co nome de Antigonea, foi engrandecida por Lisímaco, quen lle deu o nome de Nicea en lembranza da súa primeira muller. Foi embelecida e fortificada por diversos emperadores. Solimán conquistouna en 1078 pero, liberada polos croatas un ano despois, en 1204 converteuse en capital do Imperio de Nicea. Foi sede de dous concilios ecuménicos. Conserva as ruínas da catedral de Santa Sofía, convertida en mesquita no s XIV, e as súas murallas, do s V, constitúen un dos exemplos máis interesantes de fortificacións bizantinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro concilio ecuménico, convocado en 325 polo Emperador Constantino I e ratificado por Silvestre (314-335), coa finalidade de combater o arianismo. Condenou a tese de Ario, insistiu no concepto teolóxico do homoousios, segundo o que o Fillo é consubstancial co Pai, e fixou a data de Pascua no domingo seguinte ao primeiro plenilunio de primavera. Durante a súa celebración aprobouse a declaración de fe coñecida como Símbolo Niceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sétimo concilio ecuménico, convocado pola Emperatriz Irene en 787 por iniciativa do patriarca de Constantinopla. Reuniuse en Constantinopla pero foi disolto polos soldados e volveuse reunir en Nicea. Rematou coa controversia iconoclasta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imperio fundado polo Emperador Teodoro I Láscaris en 1204 na cidade de Nicea. Intentou representar a continuidade e a lexitimidade do Imperio Bizantino tras a conquista de Constantinopla pola Cuarta Cruzada (1201), así como chegar a facerse cos territorios de Lidia, Bitinia, parte de Frixia e algunhas illas do Exeo. Foi gobernada por cinco emperadores: Teodoro I Láscaris (1204-1222), Xoán III Ducas Vatatzes de Bizancio (1222-1254), Teodoro II Ducas Láscaris (1254-1258), Xoán IV Ducas Láscaris de Bizancio (1258-1261) e Miguel VIII Paleólogo (1259-1261). A loita destes contra os usurpadores latinos foi constante e, por medio de sucesivos pactos e alianzas con outras potencias, conseguiron expulsalos de Constantinopla en 1261, restaurándose deste xeito o Imperio Bizantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico bizantino. Tivo a oposición dos estudosos, aos que perseguiu ata que Nicéforo I e León V reemprenderon a política iconoclasta, que el non compartía. Depuxérono e relegárono a un mosteiro. Escribiu obras teolóxicas e históricas. A súa festividade celébrase o 13 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (802-811). Foi proclamado tras a revolta que destronou a Emperatriz Irene. Durante o seu mandato suprimiu os beneficios fiscais do clero e afirmou o poder imperial como superior ao eclesiástico. Morreu en combate contra os búlgaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (963-969), sucesor de Román II. Xeneral do exército, loitou contra os árabes, aos que lle arrebatou Creta (961). Mal visto pola súa política fiscal, foi vítima dun conxuro argallado pola súa muller Teófana (viúva de Romano II) e o amante desta, Xoán Tzimisces (futuro Xoán I de Bizancio).

    VER O DETALLE DO TERMO