"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
PERSOEIRO
Fotógrafa. Estudiou en París en 1924 con Léger e Amédée Ozenfant. Continuou a súa formación, influída por Moholy-Nagy e J. Albers, na Bauhaus de Dessau. Especializada en retratos de artistas, na súa obra empregaba habitualmente obxectos xeométricos e espellos, polo que está considerada como unha precursora do neoconstrutivismo da década de 1980.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enrique de Borgoña.
-
PERSOEIRO
Actriz de cine, televisión e teatro. Coñecida como Lola Herrera, despois de ter participado en espectáculos destacados como Un tranvía llamado deseo ou Seis personajes en busca de autor, protagonizou en 1979 Cinco horas con Mario, espectáculo co que obtivo o recoñecemento definitivo. Outros espectáculos nos que participou foron Juana del amor hermoso, Las amargas lágrimas de Petra von Kant e Segundos fuera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Ingresou na Compañía de Xesús e, coa expulsión dos xesuítas de España (1757), instalouse en Roma, onde Pío VII o nomeou bibliotecario do Quirinal. Destacan as súas obras Idea dell’Universo (1778-1787), obra enciclopédica da que derivan diferentes tratados, e Catálogo de las lenguas de las naciones conocidas (1800-1805).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado haloxenado que se presenta en forma de prisma cristalino que funde a 231°C. Obtense por cloración enérxica do benceno e dalgúns alquibencenos. Emprégase en síntese orgánica e como funxicida. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado hexaclorado do benceno. Mediante a cloración intensa do benceno, en presenza de luz, obtéñense os catro isómeros α, β, γ e δ, de grande actividade insecticida. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado haloxenado do etano, que se obtén por cloración. Emprégase como substituínte do alcanfor e para facer explosivos de seguridade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiséptico que se obtén por condensación de dous moles de 2,4,5- triclorofenol cun mol de formaldehido en presenza de ácido sulfúrico concentrado. Emprégase como desinfectante na obtención de xabón xermicida. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide extraído do rizoma de Hydrastis canadensis, que presenta acción vasoconstrictora. Emprégase como hemostático uterino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina que funde a 273-275°C. Pertence ao grupo das tiacidas e actúa inhibindo a reabsorción de sodio no túbulo distal e tamén produce relaxación da musculatura lisa dos vasos periféricos. En medicina emprégase como diurético no tratamento da hipertensión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento excesivo da concentración de ácido clorhídrico no zume gástrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución da cantidade de ácido clorhídrico no zume gástrico.
-
-
Calquera sal do ácido hipocloroso.
-
Anión de fórmula ClO - que se pode considerar formalmente derivado do ácido hipocloroso por perda do hidróxeno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oxiácido formado pola acción da auga sobre o cloro, segundo a reacción 2Cl2 + H2O + HgO D 2HClO + HgCl2. Actúa como oxidante forte.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao NO da capital provincial (10.514 h [2001]). É un centro agrícola, con cultivos de cereais, oliveiras e leguminosas, e un núcleo de industria alimentaria. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa parroquial, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1980 e o castelo (BIC, 1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de implorar.
-
-
Que ou quen implora.
-
Que denota ou implica imploración.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedir algo suplicando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘polos séculos dos séculos’, ‘sen fin’, ‘eternamente’. Emprégase cando algo vai durar moito, que ha trascender no tempo.