Illora

Illora

Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao NO da capital provincial (10.514 h [2001]). É un centro agrícola, con cultivos de cereais, oliveiras e leguminosas, e un núcleo de industria alimentaria. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa parroquial, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1980 e o castelo (BIC, 1993).