"Mos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 604.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Val do Dubra. Realizada en granito durante o s XIII, ten unha nave e ábsida rectangulares. Destaca a ventá da cabeceira, de estilo románico e enmarcada por un arco de medio punto, cunha arquivolta axadrezada, e dúas columnas con capiteis vexetais. A sancristía, pegada ao muro meridional, é da época da restauración da igrexa (1646).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista, conde de Pardo-Bazán, fillo de Miguel Pardo Bazán e pai de Emilia Pardo Bazán. Membro do Partido Progresista, foi alcalde da Coruña (1854) e deputado nas Cortes pola Coruña (1854-1856 e 1869-1871). Fundou o xornal Revista de Galicia (1850), en que publicou diversos traballos sobre a propiedade rural galega. Escribiu Memoria sobre la necesidad de establecer escuelas de Agricultura en Galicia (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que está situado no límite entre os concellos de Ourol, O Valadouro e Muras. O seu cumio acada os 900 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa grega do Dodecaneso, situada no Mar Exeo, diante da costa de Caria, ao S de Samos, onde foi desterrado san Xoán Evanxelista. San Cristódulo, despois de recibir unha bula de Aleixo I Comneno de Bizancio, fundou o mosteiro de San Xoán (1088), un importante centro de peregrinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Foi bispo de Antioquía (260) e tivo un papel na evolución do dogma trinitario, xa que defendeu a teoría de que o Pai é o único que existe da Trindade. Foi acusado de monárquico dinamístico e de adopcionista, polo que foi deposto por Aureliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de San Simón da Costa (Vilalba) e Labrada (Abadín). O seu cumio acada os 936 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor alemán. Traballou con Weissenkorcher o Vello en Salzburgo e con Kracker en Viena, aínda que a súa formación foi primordialmente italiana (1675-1689) e influída pola arte de Pietro da Cortona. Nomeado escultor da corte de Dresden (1689), traballou no Zwinger co arquitecto M. Pöpelmann (1711-1718) e fixo a Apotheose des Prinzen Eugen (1718-1721).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos, da familia das malváceas, coas follas palmadas, flores dispostas en umbelas e froitos capsulares. Procede de México e cultívase como ornamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das enfermidades infecciosas de certas especies de animais, producidas polos sarcosporídeos do xénero Babesia ou Piroplasma, protozoos parasitos dos eritrocitos. A única piroplasmose humana é a febre das Montañas Rochosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito, filólogo e home de ciencia bizantino. Embaixador en Venecia (1296), foi monxe, ensinou ciencias profanas e transmitiu en Constantinopla a tradición científica do Imperio de Nicea. Traduciu ao grego obras de Ovidio, Boecio, Macrobio, Catón e santo Agostiño, entre outros. Catalogou as obras de Plutarco, fixo unha colección de epigramas gregos, Anthologia Planudea, e editou as fábulas de Esopo. Autor dunha Arithmetica secundum Indos, introduciu diferentes métodos de cálculo na ciencia bizantina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MOS de canal p.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento médico que se emprega na medición do movemento torácico ou no mecanismo de respiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pneumopatía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orificio respiratorio dos moluscos gasterópodos terrestres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Porqueira. O primeiro documento en que se menciona o mosteiro é de 1054, coa denominación de mosteiro de Porcaria. Noutro documento de 1074 faise referencia ao mosteiro de Porcaria baixo a advocación de Santiago Apóstolo. De carácter familiar e hereditario, en 1127 o seu dono, Fernando Núñez, vendeu parte do mesmo ao bispo de Ourense que estaba baixo a advocación de santa María. A mediados do s XII foi rexentado pola orde dos Cóengos Regulares de Santo Agostiño e a mediados do s XIV pola orde de San Xerome. O seu prior titulábase abade de San Lourenzo, señor de Guía e Cartelas e señor xurisdicional de Forxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte pertencente á serra de San Mamede, situado no límite entre os concellos de Montederramo e Vilar de Barrio. O seu cumio acada os 1.503 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunicación de tipo termo-lateral ou lateral-lateral entre as veas porta e cava efectuada para derivar o sangue da porta ao corazón, evitando o fígado, para diminuír a hipertensión portal nas enfermidades cirróticas e tratar, consecuentemente, a hemorraxia das varices esofáxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político, marqués de Montesclaros e conde de Palma del Río. En 1669 foi ordenado cardeal polo Papa Clemente IX. Foi vicerrei de Sicilia (1677-1678) e ao volver ocupou a sé de Toledo e foi membro do Consello Real de Carlos II. Conseguiu que Xosé Fernando de Baviera fose nomeado sucesor da coroa e, cando este morreu, decantouse polos Borbón. Morto Carlos II (1700), ocupou a rexencia ata a chegada de Filipe V, que o nomeou lugartenente de Catalunya (1701). En 1703 pasou á corte, pero debido á súa ineficacia nos altos cargos financeiros foi confinado á súa arquidiocese (1705).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociacións cooperativas que non distinguían entre armadores e mariñeiros, que arelaban a mellora das condicións de vida do colectivo pesqueiro mediante o establecemento de socorros e seguros, a extensión cultural entre os asociados e o acceso ao crédito. Impulsados no devalo da Primeira Guerra Mundial polo capitán de corveta Alfredo Saralegui, estaban inspirados nas vellas confrarías de pescadores do Antigo Réxime. O funcionamento interno era de carácter corporativo, amosando un talante conciliador entre os intereses de armadores e mariñeiros e unha práctica oposta aos sindicatos de clase no mundo do mar. O primeiro que funcionou no litoral español foi o de Cambados, constituído en Nadal de 1917. Logo, aproveitando a persecución dos sindicatos durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), estendéronse por toda a beiramar galega conformando, en 1925, a Federación Gallega de Pósitos Marítimos á que pertenceron en torno a medio centenar de colectivos. Tras a Guerra Civil Española (1936-1939),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Valdín (A Veiga), Pradorramisquedo (Viana do Bolo) e a provincia de Zamora. O seu cumio acada os 1.541 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO