"PS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á alma, á psique ou ao psiquismo.
-
-
Relativo ou pertencente aos psíquidos.
-
Insecto da familia dos psíquidos.
-
Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, á que pertencen bolboretas pequenas cun dimorfismo sexual acentuado, que culmina nas numerosas especies que teñen femias ápteras e incluso algunhas ápodas. Son de voo diúrno ou crepuscular, con moitas escamas transformadas en pelos de cores apagadas. Do milleiro de especies coñecidas, en Europa habitan unhas 150.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos trazos característicos da psique dun individuo.
-
-
Relativo ou pertencente aos psitácidos.
-
Ave da familia dos psitácidos.
-
Familia de aves, da orde dos psitaciformes, que se caracterizan por presentar unha plumaxe de cores moi vistosas.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos psitaciformes.
-
Ave da orde dos psitaciformes.
-
Orde de aves cigodáctilas, de 8 a 100 cm, co bico robusto, a mandíbula superior aguzada e moi curva, e a inferior curvada cara a arriba e o extremo demoucado. Coñecidos co nome de papagaios, son nidícolas e habitan en Australia, África, o SL de Asia, América do Sur e América Central ata México. Comprende as familias dos psitácidos e dos cacatúidos.
-
-
-
Trastorno da fala que consiste en pronunciar e repetir palabras, frases, etc, sen saber o que significan.
-
Método de ensino baseado exclusivamente na pura repetición memorística.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade infecciosa transmitida ao home principalmente por psitaciformes afectados. Caracterízase por unha pneumonía atípica.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia (206.000 h [1997]). Situada á beira do río Velikaja, na confluencia co Pskov, é un núcleo industrial, especializado en construcións mecánicas. Fundada en 903, estivo suxeita a Novgorod ata que se converteu en principado independente (1348). Foi anexionada ao principado de Moscova por Basilio III (1510). Conserva a muralla fortificada e o Kremlin (s XII), coas típicas torres ruso-bizantinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (55.300 km2; 811.200 h [estim 1999]). A súa capital é Pskov.
-
-
Músculo situado en parte no abdome e en parte nas coxas. Consta de dúas porcións, distintas na parte superior e xuntas na parte inferior. Está en íntima relación co diafragma, o ril, o uréter e a porción vertical do colon. Flexiona a coxa sobre a pelve ou actúa sobre a columna vertebral flexionándoa cara a adiante. OBS: Tamén recibe o nome de psoas ilíaco.
-
Músculo moi delgado, situado diante do psoas ilíaco. É moi rudimentario e de acción nula.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos psocópteros.
-
Artrópodo da orde dos psocópteros.
-
Orde de artrópodos, da clase dos insectos, que comprende individuos de tamaño moi pequeno, con antenas longas (incluso máis ca o resto do corpo), o aparello bucal mastigador e, ademais dos ollos compostos, poden ter tres ocelos. A cabeza únese ao tórax mediante unha especie de pedúnculo delgado e teñen as ás membranosas, sendo as posteriores máis curtas ca as anteriores. O abdome é voluminoso, de forma cilíndrica e consta de nove segmentos. Preto da boca presenta unhas glándulas sericíxenas que lles permiten envolver as larvas con fíos sedosos. A maioría habitan nas follas das árbores, aínda que tamén se poden localizar no follato da terra, e incluso algunhas especies, como os piollos dos libros, habitan entre as follas dos libros vellos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido Socialista Obrero Español.
-
-
Relativo ou pertencente aos psófidos.
-
Ave da familia dos psófidos.
-
Familia de aves, da orde dos gruiformes, de pequena cabeza e pescozo alongado. Son de tamaño medio e teñen patas aptas para a carreira. Aliméntanse de froitas e insectos. Pertence a esta familia o agamí.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medición de ruídos co psofómetro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato para medir ruídos nun circuíto eléctrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación do psoas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos psófidos, ao que pertence o agamí.
-
-
Nome xenérico das dermatoses secas papulosas e escamudas.
-
psoríase.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade crónica da pel caracterizada pola presenza de lesións eritematosas recubertas de escamas de cor abrancazada. Aínda que o estrés complica os síntomas, é unha enfermidade de causa descoñecida e, habitualmente, de carácter hereditario. Como formas clínicas particulares están a artrite psoriásica, que é semellante á artrite reumatoide, e a dermatite psoriásica exfoliativa, na que toda a pel do corpo está afectada, encarnada e cuberta de escamas finas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido Socialista Popular.