psíquido -da

psíquido -da

(< lat científico Psyche,xénero de animais)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos psíquidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos psíquidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, á que pertencen bolboretas pequenas cun dimorfismo sexual acentuado, que culmina nas numerosas especies que teñen femias ápteras e incluso algunhas ápodas. Son de voo diúrno ou crepuscular, con moitas escamas transformadas en pelos de cores apagadas. Do milleiro de especies coñecidas, en Europa habitan unhas 150.