"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa narrativa, na liña do nouveau roman, emparéntase coa de Samuel Beckett, como en Mahu et le materiau (1952) e L’apocryphe (1980). Escribiu tamén diversas pezas teatrais, como Paralchimie (1973) e Abel et Bela (1992), que serviron sobre todo para popularizar a súa obra. En 1987 foille outorgado o Grand Prix des Lettres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manteiga de porco.

    2. Mucosidade que colga do nariz.

    3. Porción moi pequena de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pinga.

    2. salgueiro chorón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pinga grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moita graxa.

    2. Que é abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mancha ou placa pequena, amarelada e triangular, que aparece na vellez na conxuntiva, por fóra da córnea. Está formada por unha acumulación de células epiteliais e tecido conxuntivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade pequena de líquido que cae formando unha masa con forma esferoide.

      1. Sucesión de pingas que caen por unha fenda ou furado.

      2. Fenda ou furado por onde pinga un líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fío de auga que deita do medio das pedras ou dunha fonte.

    2. Cano polo que deita a auga dunha fonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caer un líquido pinga a pinga de forma continua.

    2. Chover miúdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das lentibulariáceas, que teñen as follas en roseta basal, ovais ou lanceoladas, enteiras, brandas, viscosas e con pelos glandulares que segregan enzimas cos que dixiren os insectos. As flores son solitarias, cigomorfas, de cores pálidas e co froito disposto en cápsula bivalva. En Galicia está presente a especie P. lusitanica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da orde dos ciconiformes, de 75 cm de lonxitude, extinguido en 1844. Era incapaz de voar e habitaba nos illotes e illas do Atlántico Norte, desde Terranova, Groenlandia e Islandia ata Escandinavia e o N das Illas Británicas.

      1. Nome dado a todas as aves da familia dos esfeníscidos polo parecido que mantiñan co pingüín da familia dos láridos, xa extinguido. Adaptados a unha vida mariña, habitan no hemisferio sur. Son ápteros, coas patas palmeadas e de cor branca e negra. O pingüín de Magallanes (Spheniscus magallanicus) habita en Chile, Tierra del Fuego e illas Malvinas. O pingüín de Adelia (Pygoscelis adeliae) habita nas costas da Antártida, e o pingüín menor (Eudyptula minor) nas costas de Australia e Nova Zelanda. OBS: Tamén se denomina paxaro bobo.

      2. pingüín das Galápagos [port: pingüim de Galápagos; cast: pingüino de las Galápagos; ingl: Galapagos penguin] [Spheniscus mendiculus, Fam dos esfeníscidos]

        Pingüín natural das illas Galápagos, duns 53 cm de lonxitude. Aliméntase de peixes e crustáceos e pesca en grupos. Da súa familia, é o pingüín que se localiza máis ao N.

      3. pingüín do Cabo/de anteollos [port: pingüim africano; cast: pingüino del Cabo, pingüino de anteojos; ingl: jackass penguin] [Spheniscus demersus, Fam dos esfeníscidos]

        Pingüín que habita nos illotes da costa occidental do S de África. Mide entre 60 e 70 cm. Ten un debuxo na cara similar a un anteface e fai un ruído semellante ao dun asno. Aliméntase de peixe.

      4. pingüín emperador [port: pingüim-imperator; cast: pingüino emperador; ingl: emperor penguin]

        [

      5. pingüín real [port: pingüim-rei; cast: pingüino rey; ingl: king penguin] [Aptenodytes patagonicus, Fam dos esfeníscidos]

        Pingüín moi semellante ao pingüín emperador, pero coas marcas alaranxadas do pescozo máis reducidas. Habita nos mares antárticos e cría durante a primavera nas Malvinas e varias illas preantárticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos láridos, extinguidas en 1844. Recibían o nome de pingüíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista francés. En 1933 realizou o Hôtel Latitude 43 en Saint-Tropez e, xunto con Mallet-Stevens, o Pavillon de la Lumière da Exposición Universal de París de 1937. Tamén foi autor da urbanización de Saarbrüken e do Mémorial de la Déportation, na illa da Cité (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Jiangxi, China, situada en medio das montañas Wu-kung Shan, á beira das augas superiores do Lu Shui (425.579 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista portugués. Coñecido como Vitorino Nemésio, doutorouse en Filoloxía Románica na Universidade de Letras de Lisboa, da que tamén foi reitor. Creador da Revista de Portugal (1937), en que apareceron destacadas figuras modernistas e vangardistas, foi director do xornal O Dia (1975). A súa primeira obra poética foi Canto Matinal (1916). O recordo das Açores e a memoria da infancia son os dous polos que centran a súa poesía, especialmente no libro Nem toda a noite a vida (1950). Destacado ensaísta e investigador, explorou o mundo do conto en Paço do Milhafre (1924) e a novela en A casa fechada (1937) e Mau tempo no canal (1944). Recibiu o Premio Nacional de Literatura de Portugal (1965) e o Premio Montaigne (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portugués. Na década de 1950 instalouse en Múnic e colaborou na formación do grupo KWY, xunto a outros artistas portugueses asentados en París. Comezou cunha pintura de corte expresionista, caracterizada polo lirismo e a violencia cromática e evolucionou cara a propostas poscubistas. Na década de 1970 aproximouse á linguaxe conceptual a través dos seus proxectos-arte. Da súa obra destaca a serie dos Príncipes de Portugal (1968-1970) e O astronauta e o planeta cósmico (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristina del Pino Segura Gómez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo instrumental británico de rock fundado en 1965 por Roger Waters, Bob Klose, Syd Barrett, Richard Wright e Nick Mason. Caracterizouse pola busca sonora con instrumentos electrónicos, que o levou a traballar nos campos do rock progresivo e psicodélico, así como polos seus espectáculos en vivo. Da súa discografía destacan The Piper at the Gates of Dawn (1967), Atom Heart Mother (1970), Dark Side of the Moon (1973), The Wall (1980), The Division Bell (1994) e The Final Cut (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO