pingüín

pingüín

(< fr pingouin)

  1. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave da orde dos ciconiformes, de 75 cm de lonxitude, extinguido en 1844. Era incapaz de voar e habitaba nos illotes e illas do Atlántico Norte, desde Terranova, Groenlandia e Islandia ata Escandinavia e o N das Illas Británicas.

  2. [ANIMAL/ORNIT]
    1. s m

      Nome dado a todas as aves da familia dos esfeníscidos polo parecido que mantiñan co pingüín da familia dos láridos, xa extinguido. Adaptados a unha vida mariña, habitan no hemisferio sur. Son ápteros, coas patas palmeadas e de cor branca e negra. O pingüín de Magallanes (Spheniscus magallanicus) habita en Chile, Tierra del Fuego e illas Malvinas. O pingüín de Adelia (Pygoscelis adeliae) habita nas costas da Antártida, e o pingüín menor (Eudyptula minor) nas costas de Australia e Nova Zelanda. OBS: Tamén se denomina paxaro bobo.

    2. pingüín das Galápagos [port: pingüim de Galápagos; cast: pingüino de las Galápagos; ingl: Galapagos penguin] [Spheniscus mendiculus, Fam dos esfeníscidos]

      Pingüín natural das illas Galápagos, duns 53 cm de lonxitude. Aliméntase de peixes e crustáceos e pesca en grupos. Da súa familia, é o pingüín que se localiza máis ao N.

    3. pingüín do Cabo/de anteollos [port: pingüim africano; cast: pingüino del Cabo, pingüino de anteojos; ingl: jackass penguin] [Spheniscus demersus, Fam dos esfeníscidos]

      Pingüín que habita nos illotes da costa occidental do S de África. Mide entre 60 e 70 cm. Ten un debuxo na cara similar a un anteface e fai un ruído semellante ao dun asno. Aliméntase de peixe.

    4. pingüín emperador [port: pingüim-imperator; cast: pingüino emperador; ingl: emperor penguin]

      [

    5. pingüín real [port: pingüim-rei; cast: pingüino rey; ingl: king penguin] [Aptenodytes patagonicus, Fam dos esfeníscidos]

      Pingüín moi semellante ao pingüín emperador, pero coas marcas alaranxadas do pescozo máis reducidas. Habita nos mares antárticos e cría durante a primavera nas Malvinas e varias illas preantárticas.