"Red" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
-
Parede ou muro moi grosos de defensa ou contención.
-
Parede mestra que quedou en pé nun edificio en ruínas.
-
Muro fronte ao que se executa un fusilamento.
-
-
PERSOEIRO
Escritor, historiador e diplomático ecuatoriano. Formou parte do grupo de Guayaquil, xunto con D. Aguilera ou José de la Cuadra. A súa obra, marcada polo realismo, avanza na caracterización dos personaxes, na composición dos diálogos e nas reflexións monologadas, mentres que os temas reflicten a historia e a sociedade do seu país. Da súa produción destacan El muelle (1933), Hombres sin tiempo (1941), La hoguera bárbara (1944) e La Manticora (1974). Escribiu tamén os ensaios Thomas Mann y el nuevo humanismo (1956) e Ensayos de ensayos (1981). Recibiu o Premio Nacional de Cultura Eugenio Espejo (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e sociólogo. Utilizou o método matemático e destacou no campo da economía do benestar. É moi coñecida a súa lei sobre distribución estatística das rendas. Nas súas análises desenvolveu unha teoría sobre a elite da sociedade polo que foi relacionado co fascismo. A súa obra económica concrétase en dous libros Cours d’économie politique (1896-1897) e Manuale di economia politica (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista italiano. Comezou a súa carreira literaria con Il ragazzo morto e la cometa (1951), e conseguiu un éxito total con Il prete bello (1954). Posteriormente publicou as novelas Il fidanzamento (1956), Amore e fervore (1959), Il padrone (1965) e Biafra (1968), o diálogo L’assoluto naturale (1966), os apólogos de Il crematorio di Vienna (1969), contos como Sillabario nº 1 (1972) ou Sillabario nº 2 (1982), diversas reportaxes xornalísticas e o libro de narracións Gli americani a Vicenza (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e economista. Pioneiro da moderna teoría do dereito humanitario, defendeu un liberalismo clásico. Opúxose á Guerra de Crimea (1853-1856) e en 1867 fundou a Liga Internacional da Paz. Escribiu Mélanges économiques (1857), Les Machines et leur influence sur le développement de l’humanité (1866) e L’Histoire du travail (1873). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1901), xunto con Jean Henri Dunant.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico estadounidense. Interpretou habitualmente a figura do heroe prototípico, sobre todo en filmes de aventuras e westerns. Das súas películas destacan Days of Glory (1944), Duel in the Sun (1947), Moby Dick (1956), Designing Woman (1957), Cape Fear (1962), To Kill a Mockingbird (1962, Oscar ao mellor actor), I Walk the Line (1970), The Boys from Brazil (1978), Old Gringo (1989) e Other’s People Money (1991). Foi galardoado co Premio Donostia (1986), co Premio Especial de Cannes (1989) e co Goldener Bär de Berlín (1993) pola súa carreira cinematográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
MONTES
Monte situado no SO da parroquia da Cervela (O Incio). O seu cumio acada os 655 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo NL da parroquia de Saa (A Pobra do Brollón). O seu cumio acada os 1.200 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Val do Carrio (Lalín) e Asorei (Vila de Cruces). O seu cumio acada os 831 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Entrimo, no concello homónimo. O seu cumio acada os 708 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Cristovo de Cea baixo a advocación de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Exerceu en Verín e en Viveiro. Publicou en Douro-Litoral unha serie de voces galegas vivas en Verín, Viana, Celanova, Xinzo e Viveiro e que, posteriormente, a editorial Galaxia incluíu no apéndice “Vocabulario de voces que no figuran en el cuerpo de la obra” do Dicionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), de Eladio Rodríguez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De estilo barroco, foi discípulo de Pedro de las Cuevas en Madrid e traballou uns anos na Corte de Filipe IV. Cultivou a pintura relixiosa, a natureza morta e as vaidades, nunhas composicións con gran coidado dos detalles e unha contrastada luminosidade. Da súa produción destaca El sueño del caballero (1670).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Residiu en Santander, aspecto que condicionou a súa obra. Deputado carlista en 1873, comezou a súa andaina literaria coa elaboración de breves cadros de costumes, como en Escenas montañesas (1864) e Tipos y paisajes (1871). Da súa obra, encadrada dentro da novela rexional e centrada na paisaxe e o ambiente da súa terra, destaca El sabor de la tierruca (1882), Sotileza (1885) e Peñas arriba (1894). Foi elixido membro da Real Academia Española (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Covas (Montederramo). O seu cumio acada os 1.048 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Doutor en Químicas, ingresou no PSOE en 1974. Deputado no Congreso desde 1993, foi ministro de Educación (1992-1993) e da Presidencia (1993-1996), e desde 2004 voceiro do grupo parlamentario socialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Foi comandante do corpo de sanidade militar e director do Hospital Militar de Vigo (1922). Co apoio dos sectores anticaciquís e do xornal El Emigrado, presentouse ás eleccións a Cortes en 1920 polo distrito da Estrada, aínda que non chegou a acadar o escano. Foi alcalde de Vigo, presidente da Sociedad Casino de Vigo e gobernador civil de Huesca na Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Inventou, xunto con Charles Fabry, un tipo de espectrómetro interferencial que permite separar radiacións moi próximas e que contribuíu decisivamente ao progreso da análise espectral.
VER O DETALLE DO TERMO