Peck, Eldred Gregory
Peck, Eldred Gregory
Actor cinematográfico estadounidense. Interpretou habitualmente a figura do heroe prototípico, sobre todo en filmes de aventuras e westerns. Das súas películas destacan Days of Glory (1944), Duel in the Sun (1947), Moby Dick (1956), Designing Woman (1957), Cape Fear (1962), To Kill a Mockingbird (1962, Oscar ao mellor actor), I Walk the Line (1970), The Boys from Brazil (1978), Old Gringo (1989) e Other’s People Money (1991). Foi galardoado co Premio Donostia (1986), co Premio Especial de Cannes (1989) e co Goldener Bär de Berlín (1993) pola súa carreira cinematográfica.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : La Jolla, California -
Deceso
Lugar : Los Angeles