"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Pintor suízo. Adoptou para o seu nome a grafía Henry Fuseli. Foi un dos precursores da nova sensibilidade estética, baseada na fantasía e nas visións sobrenaturais. Entre as súas obras destacan The Nightmare (1977) e Lady Macbeth seizing the Daggers (1812?). Escribiu Lectures on Painting (1801) e traduciu Reflections on the Painting and Sculpture of the Greeks (1765) de Winckelmann.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e matemático. As súas obras están marcadas polo Barroco tardío, case entrado no neoclasicismo; destacan a fachada de San Giovanni in Laterano, onde tamén realizou a capela Corsini, e a fachada de San Giovanni dei Fiorentini.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Coñecido como Il Buranello, foi primeiro mestre de capela en San Marcos de Venecia e destacou como autor de música sacra, óperas, oratorios e sonatas para clavecín. Colaborador do libretista Carlo Goldoni, da súa produción destaca a ópera bufa Il filosofo di campagna (1754).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo norteamericano. En colaboración con J. Erlanger investigou a electrofisioloxía das fibras nerviosas e publicou Electrical Signs of Nervous Activity (1937). Tamén realizou estudios sobre a coagulación do sangue, o control nervioso do movemento muscular e sobre o ganglio que leva o seu nome (ganglio de Gasser). Compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1944 con J. Erlanger, polos seus descubrimentos sobre as funcións das fibras nerviosas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Foi propietario do balneario do Incio e da fábrica de electricidade de Belesar (Chantada). Deputado polo distrito de Almagro (Ciudad Real) en 1916, representou posteriormente a Galicia como deputado polo distrito de Noia (1918-1923) e pola provincia de Lugo (1936). Trala Guerra Civil exiliouse en Francia onde fundou o xornal L’Espagne.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xornalista. Compaxinou o traballo na administración coa colaboración nas publicacións Novedades e Semanario Pintoresco, que pasaron a ser da súa propiedade en 1855. Obtivo representación como deputado moderado polos distritos de Padrón, Pontecaldelas e Santiago de Compostela (1858-1866) e foi nomeado gobernador da provincia de Pontevedra (1865). En 1862 fundou o xornal El Eco del País, órgano oficioso do partido unionista, e o 16 de marzo de 1867 El Imparcial, xornal que se converteu no voceiro dos artífices da revolución de 1868. Durante o Sexenio foi deputado por Santiago de Compostela, Cambados e Padrón e, favorable á solución monárquica, foi un dos persoeiros que viaxou a Italia para escoltar ata España a Amadeo de Savoia. En 1872 Zorrilla nomeouno ministro de Ultramar, pero a desconformidade respecto á abolición da escravitude nas posesións americanas obrigouno a dimitir. Fundou en 1870 o xornal La Ilustración de Madrid. Aceptou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Por herdanza converteuse en propietario dos pazos de Remesil (Arzúa) e de Touro, aos que engadiu a compra do pazo de Xunqueiras, na Pobra do Caramiñal. Desde 1893 representou a Galicia como deputado polos distritos de Padrón e Betanzos e pola provincia da Coruña, da que tamén foi senador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado, xornalista e político. Sucedeu a seu pai na dirección de El Imparcial en 1884. Foi deputado desde 1891 e, partidario do rexeneracionismo, desenvolveu campañas en prol do desenvolvemento económico, especialmente agrícola, do país. Ocupou a carteira de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas en dúas ocasións (1900 e 1903), a de Fomento nos gobernos de Moret (1905, 1906, 1909), Canalejas (1911), Romanones (1913, 1916) e García Prieto (1922), e a el débense as leis de sindicatos agrícolas (1906) e de obras públicas (1911). Representou a Galicia en diversas ocasións como deputado polos distritos da Estrada (1893-1896), Noia (1893-1910) e Vigo (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico e teatral italiano. En 1943 debutou como actor de teatro. Fixo varias obras da man de Luchino Visconti antes de iniciar a súa carreira cinematográfica, como Troilo e Cresida ou Un tranvía chamado desexo. En 1952 creou, con Luigi Squarzina, a compañía Teatro de Arte, coa que presentou Hamlet. En 1960 iniciou unha nova andaina co Teatro Popular Italiano, onde contou coa colaboración de Luciano Lucignani. Con esta compañía ofreceu en 1962 no teatro grego de Siracusa unha versión completa da Orestía de Esquilo, na que colaborou Pier Paolo Pasolini como tradutor e adaptador. A finais dos setenta e principios dos oitenta volveu realizar espectáculos como Gassman en subasta (1976) ou Una noche con Vittorio Gassman (1983). O seu primeiro éxito no cine foi co filme Riso amaro (1949), ao que seguiron moitos outros títulos, como Anna (1951), La tratta delle bianche (1952), Cry of the Hunted (1953), The Glass Wall (1953), Rhapsody...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de indución magnética no sistema CGS electromagnético. O seu símbolo é Gs. Corresponde a 1 maxwell por cm2 e equivale a 10-4 teslas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curva que ten por ecuación cartesiana y= e-x2/2 ?—2?. En estatística representa a función de distribución normal ou de Gauss.
-
PERSOEIRO
Matemático, físico e astrónomo alemán. De familia humilde, extraordinariamente dotado para as matemáticas, estudiou na Universidade de Göttingen e doutorouse na de Helmstedt no 1799. Foi director do observatorio da Universidade de Göttingen, da que tamén foi profesor de astronomía. Considerado o matemático máis importante de todos os tempos, débenselle achegas transcendentais na teoría dos números e na álxebra: noción de congruencia, sistematización do uso de i= ?—-1, demostración rigorosa do teorema fundamental da álxebra, como a teoría de determinantes, etc. Deu novidades importantes nos campos da xeodesia e da cartografía, e pódese considerar o creador da xeometría intrínseca. Expuxo o método para determinar órbitas planetarias partindo de tres observacións do astro. Estableceu un sistema absoluto de unidades eléctricas, que se basea no CGS. Como físico, en colaboración con Weber, fixo investigacións sobre o magnetismo, colaborou no deseño dun telégrafo eléctrico, inventou o...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Número complexo da forma a + bi, onde a e b son números reais e i é a unidade imaxinaria, i= ?—-1.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Algarismo que se emprega no estudo dos espacios vectoriais que, dados uns vectores arbitrarios, permite deducir efectivamente os que son linealmente independentes e que, por tanto, tamén son base do subespacio que xeran. Aplícase este método para atopar o rango dunha matriz calquera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos números primos que se poden expresar pola fórmula 22n+1.
-
ENTRADA LARGA
Teorema segundo o que, dado un campo vectorial A, para toda rexión do espazo de volume V que se limita por unha superficie S, cúmprese sempre que:
FORMULA
O primeiro termo da ecuación é o fluxo de A a través de S. Denomínase tamén teorema da diverxencia ou de Ostrogadskij.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión tan próxima ao eixe óptico, que se poden substituír os senos e as tanxentes dos arcos polos mesmos arcos. Denomínase tamén zona paraxial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei relativa ao comportamento dos gases que formulou Charles no 1787 e, independentemente, Gay-Lussac no 1802. Establece que, a unha presión constante, o volume que ocupa calquera gas perfecto é proporcional á súa temperatura absoluta. Tamén recibe o nome de Lei de Charles.
-
PERSOEIRO
Físico e químico francés. Estudiou na Escola Politécnica de París. Axudante de Berthollet, interesouse dende moi novo polo estudo físico dos gases (dilatación, relacións volumétricas nas súas combinacións, etc) o que o levou á dedución da lei de Gay-Lussac, relativa ao comportamento dos mesmos. Foi profesor de química na Sorbonne e de física na Escola Politécnica. Ademais traballou no Museo de Histora Natural de París. En colaboración con Alexander von Humboldt deduciu a composición da auga, fixo posible a obtención por electrólise das grandes cantidades de sodio e potasio que necesitaba a Francia militarizada de Napoleón. Realizou importantes investigacións sobre o cloro, o boro, o iodo e o cianóxeno (CN-CN) e construíu o barómetro a sifón que leva o seu nome, e máis tarde un alcoholímetro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato hidratado de calcio e de sodio, CaNa2(CO3)25H2O. Mineral que cristaliza no sistema monoclínico. A súa dureza é de 2,5 e a densidade de 1,99.