"Sil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 565.

    1. roseira.

    2. zarzaparrilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teluriuro de ouro e prata, de fórmula (Au,Ag)Te4, que cristaliza no sistema monoclínico en cristais pequenos e tabulares. É de cor entre gris e branca e ten brillo metálico, unha dureza de 1,5 a 2 e unha densidade de 8 a 8,3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade romana, semellante a Fauno, protectora dos bosques e dos rabaños, que gozou dun culto doméstico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Apóstolo de Berry (Francia). Identificouse co publicano Zaqueo, que asistiu á entrada de Xesús en Xerusalén desde o alto dunha palmeira. Segundo a tradición francesa, san Pedro enviouno a predicar á Galia. Represéntase como un home de aspecto grave, con cabeleira longa e barba espesa, cun can aos pés e cunha coroa de piñeiro na testa (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 5 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome latino do deus mitolóxico Silvanus ‘do bosque, selvático’. Era unha divindade romana de orixe escura, ao parecer protectora das selvas, bosques e terreos sen cultivar, e a quen se consagraban os límites de separación entre os campos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. silva.

    2. Conxunto de varias silvas que forman un mato.

    3. silveiral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, un león rampante de goles, coroado de ouro; bordo de prata cargado de cinco escudiños de azul, cargado cada un de cinco besantes de prata colocados en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Preside o grupo empresarial Nosa Terra XXI, dedicado a actividades marítimas e sanitarias, e composto polas empresas Remolcanosa, Elcano, POVISA e o hospital compostelán Nosa Señora da Esperanza. Recibiu a Medalla al Mérito Sanitario (1998), a Medalla de Prata de Galicia (2002), a Medalla al Mérito Policial (2002) e a máxima distinción do Club Financeiro de Vigo (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celso Emilio Ferreiro Míguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s XVIII) Escultor. Formouse no obradoiro de Miguel de Romay e viaxou, con Filipe de Castro, a Portugal e Sevilla. As súas obras caracterízanse polos pregos crebados e polas cabezas angulosas. Instalouse en Santiago de Compostela e traballou no retablo maior de San Martiño Pinario (1733), para o que realizou as imaxes de San Martiño, San Xosé, Santiago Matamouros e San Millán de la Cogolla. Realizou tamén as imaxes dos retablos laterais da Virxe e de San Bieito. Foi autor da imaxinaría do retablo maior de Santa María do Camiño e as imaxes de San Xoán Bautista, da igrexa dos xesuítas, e dúas de Santo Antón Abade, da igrexa de San Bartolomeu de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo onde abundan as silvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Silvela (Friol). O seu cumio acada os 726 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Manuel Silvela (París 1830-Madrid 1892), ministro de Estado con J. Prim (1869) e con A. Cánovas (1877). Militou no Partido Conservador e foi ministro de Gobernación (1879, 1890-1891) e de Graza e Xustiza (1885). Coa morte de Cánovas pasou a ser xefe do partido e formou o goberno de rexeneración nacional (1899) tras a derrota militar de 1898. Na lexislatura 1893-1896 foi deputado polo distrito da Cañiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Manipulador de monicreques. Coñecido como Xosé o dos Monecos e Traga Estopa, foi o creador do teatro ambulante Melodías de España, co que popularizou por toda Galicia o personaxe Barriga Verde. Destacado acróbata de circo, co tempo estableceu a súa propia compañía. Pódese considerar o fundador do teatro popular galego dos monicreques. Constituíu unha das atraccións características das festas celebradas na Praza de María Pita na Coruña, no San Froilán de Lugo, nas da Peregrina de Pontevedra, nas do Corpus de Ourense e nas festas da Ascensión en Santiago de Compostela. Retirouse en 1964.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín Silverius, derivado de silva ‘bosque’, formado no s VI co sufixo -erius sobre o modelo doutros nomes persoais como Tiberius ou Valerius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (536-537), fillo do Papa Hormisdas. Sucedeu a Agapito I (536) por imposición do rei ostrogodo Teodato, feito que o opuxo a Vixilio, protexido da Emperatriz Teodora. A súa negativa a desautorizar o Concilio de Calcedonia valeulle a detención e o exilio (537). Ao regresar a Roma foi condenado por Vixilio, o seu sucesor. Foi confinado por Belisario nas illas Pontinas. A súa festividade celébrase o 20 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO