"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

    1. Sorte contraria.

    2. Acontecemento ou situación que causa dor, pena ou aflición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sofre desventura ou vive nunha situación desgraciada da que non é capaz de saír.

    2. Que ten ou implica mala sorte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago do Océano Pacífico, situado fronte ás costas de Chile, formado polas illas San Félix e San Ambrosio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura formada por un hexágono de seis átomos de carbono, no que dous átomos opostos están unidos mediante un enlace simple longo que cruza o anel, e con dous dobres enlaces C=C, un a cada lado do hexágono. É a estrutura proposta para o benceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, ilustrador, cartelista, escenógrafo, muralista, decorador, poeta e escritor. Irmán de Dolores, Indalecio e Ramiro Díaz Baliño e pai de Isaac Díaz Pardo, viviu na Coruña e en 1905, pensionado pola Deputación da Coruña, trasladouse a Madrid, pero ao non chegar a axuda prometida traballou nun taller de escenografía e regresou á Coruña onde ingresou na Escola de Artes e Oficios. En 1908 fixo unha nova viaxe a Madrid e, contratado polo ministerio de Gracia e Xustiza, estudiou escenografía. Traballou coa compañía lírica de Vives, Lleó y Güell e viaxou por España e Europa. En 1909 presentouse á Exposición Regional de Santiago de Compostela cuns bosquexos escenográficos cos que acadou a Medalla de Ouro. Foi delineante interino de obras provinciais da Deputación da Coruña (1910-1920). En 1916 iniciou a súa relación profesional con Isaac Fraga e en 1920 trasladouse a Santiago de Compostela onde estableceu o taller de escenografía da Empresa de Espectáculos Fraga (1920-1924) coa que se trasladou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Monforte de Lemos? 1638 - Araceli, Roma 3.10.1728) Filósofo, teólogo e escritor. Membro da orde franciscana, foi lector de teoloxía nos conventos de Santiago de Compostela e Oviedo, e de vésperas en Salamanca (1683), padre da Provincia, definidor xeral e predicador da orde e do Rei Carlos II, cualificador da Suprema, comisario xeral de misións en Roma, consultor da Congregación del Índice y Ritos, procurador da orde na curia romana, teólogo e conselleiro do Emperador Leopoldo de Alemaña e teólogo do cardeal de Medici. Publicou, entre outras obras, Panegyris de S. Bonaventura (1678), Hymni tres in laudem eiusdem Seraphici ac S. Doctoris (1678) e Frutus Arboris Seraphici (1723).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano. Vicedirector do xornal El Eco Franciscano e director da revista Ciencia y Virtud. Director das escolas franciscanas de Afonso XIII en Tánxer, publicou, entre outras obras, Compendio de la geografía físico-política de Marruecos (1912) e Historia de Tánger durante la dominación portuguesa (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dicionario elaborado por Pablo Pérez Constanti e publicado en 1930 polo Seminario de Santiago de Compostela. Recolle noticias sobre máis de 650 artistas, galegos ou non, que traballaron en Galicia, a partir dun traballo de investigación realizado nos principais arquivos galegos. Fonte para o estudo da arte galega durante os ss XVI e XVII, tivo a súa continuación na obra Galicia artística en el siglo XVIII y primer terzo del siglo XIX (1932), de Xosé Couselo Bouzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grao universitario que se obtén cando se remata unha carreira de tres anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos troquílidos, ao que pertencen algúns colibrís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de goberno que se define pola concentración, legal ou ilegal, de todos os poderes políticos e o seu exercicio absoluto nas mans dun goberno persoal ou colexiado. O goberno, que normalmente conta co apoio da oligarquía dominante, reprime as organizacións políticas, censura a prensa e mantén a orde social por medio a forza militar ou policial. Os primeiros réximes ditatoriais coñecidos apareceron en Grecia, pero foi en Roma onde xurdiu o termo para designar o goberno dun maxistrado supremo, nomeado polos cónsules coa aprobación dos comicios curiados e do Senado, para que gobernase como soberano absoluto en situacións de perigo. Os ditadores posuían diferentes características e atribucións en función do seu nomeamento e o seu mandato limitábase a seis meses. O Emperador Marco Aurelio suprimiu esta institución. Durante a Idade Media a figura do ditador achegouse a un modelo tiránico e non foi ata a Revolución Francesa cando se considera que apareceu a primeira das ditaduras modernas,...

    2. Réxime político formado pola alianza da clase obreira, os campesiños e a pequena burguesía urbana, baixo a dirección política da clase obreira. Instaurouse na República Popular China.

    3. Réxime político propio da transición da sociedade capitalista á sociedade comunista, definido por Marx en 1852 e recollido por Lenin en Estado e a revolución (1917). Defínese como unha nova forma de Estado democrático para os proletarios e ditatorial fronte á burguesía, que ten por obxectivo unha sociedade sen clases e, polo tanto, sen Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período do reinado de Afonso XIII no que o xeneral Primo de Rivera actuou como xefe de goberno con poderes ditatoriais (13.9.1923-28.1.1930). Ante a incapacidade dos divididos partidos dinásticos para crear un goberno forte que afrontase a radicalización da loita obreira e que superase a situación de recesión económica, e ante as consecuencias políticas da Desfeita de Annual, o xeneral Primo de Rivera adiantouse á discusión no Congreso cun golpe de estado militar. Formouse un Directorio Militar coa misión de establecer a orde pública, suspendeuse o réxime constitucional, estableceuse unha ríxida censura e prohibíronse todos os partidos políticos e sindicatos, agás os ligados á patronal. A política do réxime levou a numerosos sectores a un enfrontamento co goberno que acentuou a radicalización dentro dos mesmos partidos dinásticos e do exército, incluso houbo dous intentos de cambio de goberno, a Sanjuanada (xuño de 1926) e o intento de Sánchez Guerra (xaneiro de 1929), que fracasaron. A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión de Bodelé.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dobrar ou dobrarse.

    2. Sinal que queda no lugar por onde algo foi dobrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Astrónomo. Estudiou matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, universidade na que tamén realizou o doutoramento en Astronomía. Profesor de astronomía e matemáticas na Universidad de Zaragoza (1973-1981) e, dende 1981, na universidade compostelá, centrou o seu labor investigador no estudo dos sistemas estelares múltiples. Director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (1983), é o impulsor da construción do Observatorio Astronómico de Monte Faro. Participou en numerosos congresos de astronomía e astrofísica e é autor de máis de 50 artigos científicos, difundidos en publicacións de ámbito nacional e internacional, e coautor, xunto con A. Elipe, do libro Astronomía: 280 problemas resueltos (1983). Dende novembro de 1985 é membro da Unión Astronómica Internacional (UAI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, fillo e colaborador de Lluís Domènech i Montaner. Foi catedrático da Escola d’Arquitectura de Barcelona (1920-1950). Arquitecto director da Exposición Internacional de Barcelona de 1929, foi coautor do Palau Nacional e do estadio de Montjuïc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Formado na Escola de Bells Oficis de la Mancomunitat, pertenceu á Agrupació Courbet (1918-1919). Admirador de Cézanne, mantivo unha preocupación constante pola estrutura. Durante a súa estancia en París (1922-1927), achegouse ao cubismo e enriqueceu o colorido. Residiu en Bretaña (1927-1929), e entre 1929 e 1931 a súa pintura pasou por unha etapa espectral. Regresou a Barcelona (1931-1939) onde cultivou un realismo social que idealizaba o ocio dos obreiros. Despois da Guerra Civil, estivo un tempo na Arxentina e en 1951 estableceuse en São Paulo. Entre as súas obras destaca Homes a la taverna (Homes na taberna, 1920), coñecido tamén como Els Jugadors (Os xogadores). Foi colaborador gráfico de Almanac de La Revista, L’Amic de les Arts e Quaderns de Poesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comerciante e militar. Embarcou en Cádiz con destino a Montevideo e trasladouse a Bos Aires, onde se estableceu como comerciante. Durante o ataque dos ingleses á cidade (1806), enrolouse no Tercio de Gallegos e foi nomeado tenente da Compañía de Granaderos. Foi capitán (1807) e membro do cabido de Bos Aires (1808). A Junta Superior del Reino confirmouno no cargo o 13 de setembro de 1809, pero foi cesado o 17 de outubro de 1810 e desterrado a Ranchos. Logo da independencia, volveu a Bos Aires e dende 1821 continuou coa súa actividade comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propiedade e dominio señorial.

    2. Dereito que se lle pagaba ao señor.

    3. Terra que o señor reservaba para a súa explotación directa cando cedía un feudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe mariño, duns 70 cm de lonxitude, co corpo oval, alto e comprimido, cuberto de escamas moi pequenas. O dorso é de cor gris azulada e os flancos amarelos prateados. Presentan unha mancha dourada na fronte e outra mancha negra na orixe da liña lateral, cunha marxe vermella no opérculo. A aleta dorsal presenta 13 ou 14 raios, dos que o primeiro é o máis pequeno; a aleta anal ten 11 raios. A aleta caudal aparece bordeada de negro. Teñen os beizos moi grosos e os dentes molares forman de dúas a catro fileiras, das que as externas son máis fortes, e un ou dous molares máis grandes ca o resto. A dourada é unha especie que presenta hermafroditismo protándrico, xa que primeiro madura coma macho -no primeiro ano e con 20 cm de lonxitude- e con dous anos e 30 cm de lonxitude convértese en femia. É unha especie sedentaria e litoral que habita en augas pouco fondas, agás no inverno, cando se reproduce e se despraza a augas máis profundas de ata 30 m, as máis das veces forman pequenos grupos que...

    VER O DETALLE DO TERMO