"Van" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 703.

  • Estado de EE UU (117.348 km2; 12.281.054 h [2000]). A súa capital é Harrisburg. Agás a chaira costeira do Erie e o SL, que forma parte da chaira atlántica, o resto é alto e ocupa unha sección dos Apalaches, moi seccionada por varios ríos, como o Susquehanna, o Delaware ou o Ohio. O clima é continental, pero bastante húmido. Philadelphia e Pittsburgh, coas súas áreas metropolitanas, agrupan un 60% da poboación total. Aínda que é un estado eminentemente industrial, son importantes as actividades agrícolas, con cultivos de tabaco, millo e orxo; a avicultura e a gandaría leiteira. O gran desenvolvemento industrial provén da riqueza en carbón e a posibilidade de dispor do ferro de Minnesota a través dos Grandes Lagos. É o primeiro estado de EE UU produtor de aceiro, principalmente en Pittsburgh e a súa área metropolitana. O territorio estaba habitado por indios algonquinos e iroqueses, e os primeiros europeos que chegaron (s XVII) foron franceses procedentes de Canadá. Os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Época do Carbonífero que está comprendida entre o Permiano Inferior e o Devónico Superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Pennsylvaniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Pennsylvania ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Pennsylvania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Insurrecto. Coñecido como Balilla, atribuíuselle a insurrección xenovesa (1746) que conseguiu expulsar as tropas austríacas invasoras da cidade e de Liguria durante a Guerra de Sucesión de Austria. Deu nome á organización fascista Opera Nazionale Balilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heraldo ou oficial de armas de terceira categoría, ás ordes do rei de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Organizou varias sociedades secretas e manifestou as súas ideas nun proxecto de Constitución. Foi un destacado xefe da conspiración decabrista e foi executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático ruso. Investigou e publicou sobre a teoría de ecuacións en derivadas parciais, a teoría de probabilidades e as ecuacións diferenciais ordinarias. Foi condecorado coa orde de Lenin e recibiu diversos premios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político vietnamita. Nacionalista, entrou no Partido Comunista e colaborou na creación do Vietminh (1941). Coa independencia de Vietnam, foi ministro de Asuntos Exteriores (1954-1961) e primeiro ministro da República Democrática de Vietnam (1955-1976), e despois primeiro ministro de Vietnam unificado (1981-1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo humanista, señor de Mirandola e conde de Concordia. Estudou dereito canónico e filosofía aristotélica e formouse na mística de Averroes. En 1486 fixo imprimir en Roma, precedidas da Oratio de hominis dignitate, as novecentas Conclusiones philosophicae, cabalisticae et theologicae in omni genere scientiarum, síntese de filosofía platónica, de cábala, de maxia astrolóxica e de doutrina relixiosa. A curia romana condenou parte da obra, motivo polo que foi encarcerado en Vincennes (1488). Volveu a Florencia e recibiu finalmente a absolución de Alexandre VI (1493). Outros escritos representativos do seu humanismo son Heptaplus de septiformi sex dierum Geneseos enarratione (1490), De ente et uno (1491) e Disputationes adversus astrologiam divinatricem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Lorenzo Monaco, formouse na tradición das escolas sienesa e florentina e caracterizouse por un espiritualismo gótico de liñas ondulantes e cores vivas. Pintou miniaturas, retablos e cadros de altar. Das súas obras destacan Incoronazione della Vergine (1407), para o mosteiro de San Benedetto fuori Porta; Adorazione dei Magi (1421-1422), para a igrexa de Sant’Egidio en Florencia; e Annunciazione para o altar da capela Bartolini na igrexa de Santa Trinità (1421-1422).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. No seu estilo conseguiu unha síntese da escola sienesa e florentina. Atribúeselle unha bandeira (1433) e algúns retratos, como o San Bernardino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo italiano, irmán de Ippolito Pindemonte. Membro do Gran Consello de Venecia (1782), en 1790 foi desterrado e en 1796 houbo de fuxir a Francia. Autor de rimas políticas e patrióticas cheas de fantasía, como Le ombre napolitane, evocación dos mártires de 1799, destacou como autor tráxico con obras influídas por Alfieri, con algúns ecos shakespearianos, das que cómpre salientar Matino I della Scala, I coloni di Candia, Agripina e Ginevra di Scozia, e que foron recollidas en Componimenti teatrali (1804-1805).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador e arquitecto italiano. Coñecido como Giambattista Piranesi, iniciou a súa carreira en Venecia. Das súas numerosas series de gravados destacan Opere varie d’architettura, prospettiva, groteschi, antichità (1750), o ciclo Vedute di Roma (1748-1775), Carceri d’invenzione (1750-1760) e Antichità romane (1756). Construíu Santa Maria del Priorato, coa contigua Piazza dei Cavalieri di Malta (1764), en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano, fillo de Nicola Pisano. Traballou como colaborador do seu pai no púlpito da catedral de Siena (1265-1268) e na Fontana Maggiore da Piazza del Comune de Perugia (1278). Dirixiu as obras da catedral de Siena (1282-1296) e en 1299 comezou as do baptisterio de Pisa. Tamén foi autor dos púlpitos das catedrais de Pistoia (1297-1301) e de Pisa (1302-1310), nun estilo moi relacionado co expresionismo do gótico francés. Fixo diversas versións da Virxe co neno, destacando a Madonna della cintola, na catedral de Prato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escrito e crítico literario ruso. Demócrata revolucionario, dirixiu o periódico Russkoje Slovo e foi encarcerado polos seus posicionamentos políticos que fixo públicos no artigo “Sholastike XIX veka” (Escolástica do século XIX, 1861), onde formula os principios democráticos na literatura. Considerado un dos principais expoñentes da intelixencia radical e nihilista rusa, tratou o tema do socialismo en Ocerki po istorii truda (Artigos sobre a historia do traballo, 1863) e en Posmotrim! (Xa o veremos!, 1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e ceramista. Coñecida como Josefina Plá, en 1927 asentouse en Paraguay, onde se converteu nunha das súas principais figuras literarias. Pretendeu impulsar e renovar o panorama cultural paraguaio desde a creación, a investigación e o ensino participando na creación de varios centros culturais. Da temática da súa obra destacan a morte, a dor e o sufrimento da redución do ser cara a nada. Publicou, en poesía, El precio de los sueños (1934), La raíz y la aurora (1960), Rostros en el agua (1963), El polvo enamorado (1968), Luz negra (1975), Tiempo y tiniebla (1982), Cambiar sueños por sombras (1984) e La llama y la arena (1987); en narrativa, as coleccións de contos La mano en la tierra (1963), El espejo y el canasto (1981) e La muralla robada (1989), e a novela La mano en la tierra (1963); e as obras de teatro Episodios chaqueños (1944) e Fiesta en el río...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e humanista italiano. En 1448 foi chamado a Nápoles por Afonso V de Aragón o Magnánimo. Protexido por Antonio Beccadelli Panormita, á morte deste presidiu a súa academia que adoptou o nome definitivo de Accademia Pontaniana. Secretario real de Fernando I e de Afonso II (1494), púxose ao servizo de Carlos VIII cando entrou en Nápoles. Á retirada dos franceses, caeu en desgraza e non recuperou o cargo. A súa obra está escrita en latín e dela destacan os tratados astrolóxicos e filosóficos, diálogos ou poemas, como Lepidina, os tres libros de elexías De amore coniugali e as doce Naeniae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Corvelle (Vilalba). O seu cumio acada os 605 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor serbio. Escribiu narracións e poesía, pero o máis destacado da súa obra está nos dramas histórico-patrióticos de inspiración romántica, como Nevinost (A inocencia, 1827). Tamén cómpre salientar as súas comedias e farsas, en que estableceu a base do moderno teatro serbio.

    VER O DETALLE DO TERMO