"alt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 697.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Riodolas (Carballeda de Valdeorras) e Vilanova (A Veiga). O seu cumio é A Moneda, que acada os 1.526 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Abuíme (O Saviñao). O seu cumio acada os 613 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Bouzoa (Taboada). O seu cumio acada os 840 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Seceda (Folgoso do Courel). O seu cumio acada os 1.161 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, conde de Fontao. Na Guerra da Independencia (1808-1814) representou a nobreza e a cidade de Mondoñedo na Xunta Superior de Galicia e foi alcalde de Mondoñedo (1812). Participou no Pronunciamento Militar de 1820 (Ferrol). Foi deputado (1820-1821 e 1834-1838), presidente do Senado (1837), senador (1840-1841 e 1844-1845), ministro da Gobernación do Reino da Península e Illas Adxacentes (1822), de Fomento Xeral do Reino (1834-1835) e gobernador de Lugo (1833). Defendeu o liberalismo pero situou a monarquía como eixe vertebrador do sistema político. Promoveu a educación de párvulos, de deficientes e de cegos, e participou na creación das Escolas Normais a partir da Escola Normal Central de Mestres de Madrid de 1839.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso, fillo de Lope de Moscoso Osorio, conde de Altamira e sobriño do duque de Lerma. Como segundo fillo desta familia nobre, nomeárono cardeal en 1615. Foi bispo de Jaén (1619) e arcebispo de Toledo en 1646. En Santiago de Compostela axudou aos dominicanos a reabrir o Estudio Xeral (1665), para o que doou importantes cantidades, que serviron para construír novas dependencias e a fachada pincipal de San Domingos de Bonaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Iniciou unha serie de novelas relacionadas coa investigación criminal en que o seu protagonista, Easy Rawlings, afronta a dureza da realidade con certa resignación. Publicou A Red Death (1991), Black Betty (1994) e Gone Fishin s (1997). En 1999 editou Walkin the Dog, protagonizada polo detective Socrates Fortlow, e coa que deu comezo a unha nova saga, e en 2002 Futureland.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo SL da parroquia de Correxais (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.326 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Moimenta (Lalín). O seu cumio acada os 587 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte sacra situado no mosteiro de San Paio de Antealtares, en Santiago de Compostela que abriu ao público en 1971. Atópase no lenzo O do claustro do s XVII. Os seus fondos están formados por obxectos litúrxicos (roupa litúrxica e ourivaría), pinturas, imaxinaría e pezas arquitectónicas. Destaca a ara de mármore que, segundo a tradición, formou parte do primitivo altar erixido sobre a tumba do Apóstolo Santiago. No seu arquivo consérvanse documentos medievais e modernos relativos á historia do convento, da cidade e de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal situado en Santillana del Mar (Cantabria). A súa primeira apertura tivo lugar en 1979, co obxecto de coordinar os estudos da Dirección General de Patrimonio Artístico. En 2001 construíuse unha nova instalación e reabriuse. A súa creación respondeu ao interese pola conservación, investigación e difusión da Cueva de Altamira e da Prehistoria en xeral. Articúlase en dúas grandes áreas: a reconstrución en tamaño orixinal da Cueva de Altamira, e varias salas de exposicións cos restos atopados no interior da cova e en que se recrean os tempos de Altamira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto semisintético conxénere da naloxona, que se usa en forma de clorhidrato. Actúa como un competidor da morfina e análogos e utilízase no proceso de deshabituación dos heroinómanos, xa que baixo a acción deste fármaco os receptores opiáceos non responden nin aos opiáceos endóxenos (encefalinas, endorfinas e dinorfinas) nin aos administrados esoxenamente (heroína).
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Servoi (Castrelo do Val). O seu cumio acada os 855 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina social e demográfica, continuadora da teoría de T. R. Malthus (malthusianismo), que avoga polo control da natalidade para limitar o crecemento da poboación e evitar a miseria.
-
-
Relativo ou pertencente ao neomaltusianismo.
-
Partidario do neomaltusianismo.
-
-
PERSOEIRO
Físico e químico. Profesor na Universidade de Berlín, investigou sobre electroquímica, estableceu a relación entre a diferenza de potencial de contacto e a presión osmótica dos ións en solución (1899). En 1906 formulou o teorema de Nernst. Recibiu o Premio Nobel de Química (1920), en recoñecemento ao seu traballo en termoquímica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Albarellos (Lalín). O seu cumio acada os 738 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e enxeñeiro militar alemán. Formouse na Bohemia alemá, onde o influíu o estilo barroco italiano. Ao servizo do bispo de Würzburg, proxectou parte da Residencia de Würzburg (1719) e a súa residencia de verán (1731). Dotou de espectaculares efectos espaciais os proxectos que realizou para igrexas como a de peregrinaxe dos Vierzehnheiligen (Corenta santos, 1743-1772).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Freixo (Samos). O seu cumio acada os 897 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias da Degolada (Baleira) e Paradavella (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 958 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO