Museo de San Paio de Antealtares

Museo de San Paio de Antealtares

Museo de arte sacra situado no mosteiro de San Paio de Antealtares, en Santiago de Compostela que abriu ao público en 1971. Atópase no lenzo O do claustro do s XVII. Os seus fondos están formados por obxectos litúrxicos (roupa litúrxica e ourivaría), pinturas, imaxinaría e pezas arquitectónicas. Destaca a ara de mármore que, segundo a tradición, formou parte do primitivo altar erixido sobre a tumba do Apóstolo Santiago. No seu arquivo consérvanse documentos medievais e modernos relativos á historia do convento, da cidade e de Galicia.