Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

Museo situado en Vilalba. Trátase dunha fundación pública municipal rexida por un padroado e pertencente ao Consello Galego de Museos. Ten como obxectivos a investigación, custodia, conservación e difusión da prehistoria e historia antiga de Galicia. Conta cunha exposición permanente con restos das diversas culturas do noroeste peninsular desde as orixes ata a romanización e realiza mostras individuais e outras actividades. As súas investigacións céntranse na reconstrución paleoambiental do norte peninsular e a caracterización das sociedades paleolíticas e epipaleolíticas galegas.