Museo de Terra Santa
Museo de Terra Santa
Museo situado no convento de San Francisco en Santiago de Compostela. Pertence ao Consello Galego de Museos. Creouse coa intención de enlazar, a través da súa exposición, a cultura da cidade de Santiago de Compostela coa de Xerusalén, ao ser ambas importantes centros de peregrinación. A súa colección recolle obxectos procedentes de Terra Santa. Móstranse pezas arqueolóxicas que abranguen desde o Paleolítico á dominación romana, pezas dos diversos períodos da historia de Xerusalén, traballos artesanais realizados en Belén e Xerusalén que mostran a pegada da orde franciscana, que custodia o Santo Sepulcro, unha gran maqueta da cidade histórica de Xerusalén e unha colección numismática.