Museo delle Terme ou Museo Nazionale Romano delle Terme di Diocleciano
Museo delle Terme ou Museo Nazionale Romano delle Terme di Diocleciano
Museo situado en Roma. Ocupa unha boa parte da antiga cartuxa de Santa Maria degli Angeli, construída sobre restos das grandes termas de Diocleciano (298-306), e recolle unha das mellores coleccións do mundo de mosaico, pintura mural e, sobre todo, de escultura antiga. Destacan os restos dunha das ábsidas do caldarium.