Museo Diocesano Catedralicio de Ourense
Museo Diocesano Catedralicio de Ourense
Museo fundado en 1954 e situado no claustro gótico da catedral de Ourense. Contén pezas de ourivaría e obxectos vinculados coa liturxia. Dos seus fondos destacan o Tesouro de San Rosendo (ss X-XIII), que procede do mosteiro de San Salvador de Celanova e está composto por oito pezas de xadrez de cristal de rocha de estilo fatimita (s X), a cruz procesional gótica coa que o conde de Benavente agasallou a catedral e o Misal Auriense, feito en Monterrei en 1494.