Museo do Colexio de Nosa Señora da Antiga
Museo do Colexio de Nosa Señora da Antiga
Museo situado no colexio de Nosa Señora da Antiga, en Monforte de Lemos. Recoñecido como unha das pinacotecas máis relevantes de Galicia, da súa colección destacan os lenzos San Lorenzo e San Francisco de El Greco, así como a obra do pintor italiano Andrea del Sarto.