"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PERSOEIRO

    Mimo, actor e dramaturgo. Estudiou no centro dramático de Estrasburgo e no Instituto de Teatro de Barcelona. Interesouse polo mimo colaborando con P. Saragoussi e I. Ricardi. Dentro da Agrupación Dramática de Barcelona fundou en 1962 o grupo Els Joglars xunto con Carlota Soldevila e Antón Font. É o responsable das obras que montan, entre elas, Columbi lapsus (1991) e El Nacional (1993). Ademais dos espectáculos de Els Joglars dirixiu a montaxe do Teatro Libre Operació Ubú (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia (646 h). Situada á beira do antigo canal de Castela. A súa base económica é o cultivo de cereais e legumes, xunto á produción de viño. Localízase no Camiño de Santiago, entre Frómista e Burgos. Destaca a súa igrexa parroquial do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comunidade autónoma de Madrid, situado ao O da cidade de Madrid (17.814 h [1991]). Está drenado polo río Guadarrama. As súas principais actividades económicas son a agricultura e a gandería (ovina) xunto con industrias de produtos lácteos e de materiais de construción (formigón). Dentro da vila destacan o palacio de don Luís de Borbón, obra de Ventura Rodríguez, realizada arredor de 1760, e a igrexa do convento do Carmelo (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ao servizo dos Reis Católicos. Foi enviado a América como xuíz investigador (1499) e substituíu a Colón como gobernador das Indias (1499-1501). Reprobado o seu comportamento con Colón, foi chamado á corte (1502) e morreu nun naufraxio na viaxe de regreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor establecido en Santiago. Era especialista no traballo da impresión con moldes. Acompañado do tamén impresor Álvaro de Castro, negociou co cabido compostelán en 1483 a edición dun certo número de breviarios a razón de trinta e cinco reais cada un.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de botar pola boca os alimentos engolidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A última tella de cada unha das canles dun tellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Guinea Bissau, situada no arquipélago de Bijagós. A cidade principal, Bolama, foi capital da Guinea Portuguesa do 1870 ao 1942.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida no ano 1933, non localizada, que introducía información dedicada ao campo e aos labores agrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada polo Centro Galego de Barracas al Sud, na cidade arxentina de Avellaneda. Saíu o seu primeiro número o 1 de setembro de 1903. De periodicidade mensual, sufriu diversas interrupcións nos anos 1921 e 1922, e sobre todo a partir de 1927; ademais, desde ese ano sairá cada dous, tres ou catro meses. O seu primeiro director-administrador foi A. Paredes Rey, para seguir logo, pero só como directores, Abelardo Álvarez, Francisco Bárcena e, a partir de 1915, H. Chantrero. Nun editorial en castelán de 1903 xa quedaban explicitados os seus obxectivos: achegar Galicia aos emigrantes, conservar a tradición inculcándolla aos descendentes e facer respectar o nome de “gallego” en América. A utilización do galego quedaba case restrinxida ás páxinas poéticas, xa que a publicación era case toda ela en castelán, pero a nómina de autores que pasaron polas súas páxinas foi importante. Así publicaron traballos en castelán, sobre historia, Benito Vicetto ou Xaquín Costa; Antón Villar Ponte e Xoaquín...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos bombicílidos ao que pertencen os gaios nórdicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista. Traballou no taller de Josep L. Sert e Josep Torres Clavé. En 1935 colaborou no deseño de mobles, que obtiveron o primeiro premio do Salón de Decoración de Barcelona e como membro do GATCPAC na elaboración do plano de urbanización de Barcelona. Interveu tamén na construción do pavillón de España da Exposición Internacional de París (1937). En 1956-1957 fixo un proxecto de remodelación da zona sur do centro de Bos Aires. En Barcelona dirixiu obras como o Canódromo Meridiana (Premio FAD 1963) e en Madrid a construción do Tribunal Constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador occitano. Señor de Castellana (Bonifaci VI) e un dos máis poderosos nobres occitanos. Escribiu tres sirventeses contra Carlos de Anjou entre o 1250 e o 1262. Neste mesmo ano (1262) promoveu unha revolta contra o dominio francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, político, pintor e xornalista. Contribuíu á introdución do Romanticismo en València. Desta etapa quedan algúns dramas, un volume de poesías castelás e os artigos críticos e polémicos do Diario Mercantil. En 1837 iniciou en València a publicación de El Mole, acreditándose como agudo panfletista político e poeta de inspiración popular e satírica. Durante un exilio en Barcelona (1841-1842) escribiu para os xornais La Ley e El Popular, e participou activamente nos disturbios da Jamancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e investigador. A súa obra máis destacada é Luis Vives y la filosofía del Renacimiento (1903), un estudo básico da obra e da vida de Luis Vives. Publicou ademais, entre outros traballos, Erasmo en España (1907), a achega máis importante de material bibliográfico sobre o tema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Dentro da corrente barroca conceptista, escribiu Peregrinos pensamientos de misterios divinos (1614) e Nuevo jardín de flores divinas (1617).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar hondureño. Ministro da Guerra e vicepresidente da República en 1891, foi Presidente do país entre os períodos 1903-1907, 1912 e 1913, nos que impuxo un goberno ditatorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político hondureño. Xefe do partido liberal, foi Presidente da República entre 1894 e 1898. No seu mandato, Honduras, El Salvador e Nicaragua constituíron a República Mayor de Centroamérica (1895), que se disolveu en pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de illas volcánicas do Océano Pacífico, pertencentes a Xapón, ao SL de Kyushu (132 km2). Están divididas nos grupos Muko, Chichi e Haha. Ao L do arquipélago está a fosa das illas Bonin, que ten unha profundidade de 10.347 m. As illas foron descubertas en 1543 polos españois, sendo despois anexionadas por Xapón en 1880. Foron ocupadas por tropas norteamericanas en 1945 e restituídas a Xapón en 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO