"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • RIOS

    Río da Costa de Marfil que nace da unión do Bandama Vermello e do Bandama Branco. Flúe en dirección meridional e desemboca no Océano Atlántico, no golfo de Guinea, preto da localidade de Grand-Labou logo dun percorrido de 720 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Brunei e do distrito de Brunei e Muara (45.867 h [1991]). O seu carácter capitalino reflíctese na importancia dos sectores comercial e administrativo, exercendo unha atracción funcional que abrangue todo o territorio nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto de Irán, no estreito de Ormuz, ante as illas de Qeshm (273.578 h [1996]). Foi fundada en 1623 polo Xa ‘Abbas I e converteuse no primeiro porto de Persia durante o s XVII. É a capital do ostān de Hormozgān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ostān do Khūzestān, en Irán. É un dos portos máis importantes do Golfo Pérsico. Logo da Revolución Islámica de 1979 mudou a súa denominación adoptando a actual en homenaxe ao Aiatolá Khomeyni, líder político e espiritual xiíta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bandar-e Khomeyni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Educouse en Oxford. Nos anos vinte iniciou a súa andaina política fundando en 1937 o Partido Maha Sinhala. Integrado despois no Partido Nacional Unido, dirixido por Senanavake, foi nomeado ministro de Sanidade e de Goberno Local (1948-1951). En 1951 dimitiu e fundou un novo movemento, o Partido Cingalés Socialista pola Liberdade. Por medio dunha fronte popular conseguiu triunfar nas eleccións de 1956 e converteuse en primeiro ministro (1956-1959). Levou a cabo unha política exterior neutralista e, no interior, favoreceu os srilankeses en detrimento das etnias minoritarias. Nun momento de axitación e crise política, foi asasinado por un bonzo extremista, Talduwec Somarana Thero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Despois do asasinato do seu marido Salomon Bandaranaike (1959), asumiu o liderado político do Partido da Liberdade de Sri Lanka e converteuse en primeira ministra nas eleccións de 1960, cargo no que continuou a liña política do socialismo moderado iniciada por Salomon Bandaranaike. Estivo na oposición entre 1965 e 1970, neste tempo creou a Fronte Unida cos marxistas e con grupos de esquerdas. En 1972 converteu Ceilán na República de Sri Lanka. Nas eleccións de 1977 sufriu unha derrota que a fixo abandonar o goberno e en 1980 foi expulsada do Parlamento e privada dos seus dereitos civís. No ano 1994 converteuse de novo na primeira ministra, antes do acceso á Presidencia da súa filla Chandrika Bandaranaike Kumaratunga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento brusco dunha embarcación ao balancearse violentamente dun lado a outro.

    2. Calquera golpe que pon en perigo o equilibrio dun corpo en movemento.

    3. Cambio súpeto de opinión ou de comportamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bande baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Baixa Limia situado na provincia de Ourense no sector meridional da comunidade autónoma de Galicia (42° 02’ 20’’ de latitude N- 7° 50’ 03’’ de lonxitude O). Limita ao N co concello de Verea (A Terra de Celanova), ao L cos concellos de Rairiz de Veiga e Porqueira (A Limia), ao S (a través do río Limia) co de Muíños (A Limia) e ao O co de Lobeira (A Limia). Abrangue unha superficie de 99 km 2 cunha poboación 2.292 h (2007) distribuídos nas parroquias de Bande, Os Baños, Cadós, Calvoa, Carpazás, Corvelle, Garabelos, Güín Nigueiroá, O Ribeiro, Santa Comba e Vilar. Dista 153 km de Santiago de Compostela e 39 km de Ourense. Cabeza de partido xudicial, está adscrito á á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    A influencia do relevo e o seu carácter interior, afastado da suavización térmica que imprime a cercanía ao mar, queda contrarrestada pola presenza do val do río Limia que exerce un papel de corredor hidrográfico aberto á penetración...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun antropotopónimo que remite ao xenitivo do nome persoal de orixe xermánica pero latinizado Vanatus, nome procedente á súa vez do gótico *wana ‘esperanza’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e teólogo. Licenciado en Sagrada Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca e doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela é profesor de Xeografía e Historia. Colaborador en distintas revistas e xornais (Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada, Boletín Auriense, etc), publicou, entre outras, as obras: Basilio Álvarez redentor del agro gallego (1987), Inventario de protocolos notariales 1405-1902 (1998), Posesos e endemoniados (1998), San Pedro de Bande: orixe e evolución da parroquia (1998) e La Diócesis de Ourense: evolución histórica, santoral orensano y parroquias de la ciudad (1999). En 1981 foi nomeado director do Arquivo Histórico Diocesano da diocese de Ourense, é membro da subcomisión para a conservación do Patrimonio Artístico e Documental da Igrexa de Galicia (1992-1997) e do Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos na sección de Etnografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Bande, foi un dos tres priorados beneditinos que xa en data moi temperá pasaron a formar parte do mosteiro de Celanova, pois foi obxecto de doazón polo Rei Ramiro II ao cenobio ourensán o día 18 de marzo do 949. Dende ese momento, o abade de Celanova adquiriu o título de conde de Bande. A actual igrexa parroquial é de estilo barroco e terminou de edificarse en 1795. Consta dunha nave con cruceiro marcado en planta e dunha capela maior. No exterior semella unha fortaleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado no concello de Láncara. Sábese da súa existencia a partir de diversa documentación relativa ao mesmo, conservada no tombo de Samos. Consérvase a doazón deste mosteiro (982) feita por Lucito Lucidiz, o seu propietario, aos monxes de Samos e ao seu abade Mandino, e un inventario das posesións que o mosteiro de San Salvador de Bande posuía na terra de Neira entre os anos 928 e 990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cenobio situado no concello de Bande. Aínda que non se conserva a súa acta fundacional, a súa creación fíxase ao redor do s VII. Así mesmo, grazas a un diploma do ano 982 conservado no tombo de Celanova tense coñecemento de que o monxe Odoino doara o mosteiro de Bande ao de Celanova; nese mesmo documento recordábase a restauración que se fixera da súa igrexa grazas a unha encomenda feita no 872 polo Rei Afonso III, quen encargara a Odoario a repoboación das terras bañadas polos ríos Limia e Támega. Tratábase dun mosteiro dúplice, con dous edificios separados para homes e mulleres, e cunha igrexa común para os servicios relixiosos e o culto de ambas as dúas comunidades, única estrutura arquitectónica conservada. Acolleu os restos de san Torcado, primeiro bispo de Guadix e discípulo do Apóstolo Santiago traído a Bande cando ao comezo da presenza musulmá no sur da Península Ibérica, ata que foron trasladados en 1601 ao mosteiro de San Salvador de Celanova. O templo presenta unha planta de...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mover dunha a outra banda. SIN: bambear, oscilar, randear.

    2. Saberse mover para conseguir o que se desexa. SIN: manexarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Anaco de tea, habitualmente rectangular, fixado por un lado a un pau ou hasta e que serve como símbolo ou insignia dunha nación, estado, cidade, dinastía, autoridade, partido, asociación, etc, ou como un signo para identificar situacións xurídicas, militares, técnicas, etc. A bandeira ten unha orixe relativamente recente nos países occidentais (s XII), pero o seu uso está relacionado co estandarte, co pendón e con outras insignias de moita tradición, que serviron para indicar a presenza dun alto cargo ou para identificar os partidos amigos e inimigos na guerra. Os antigos faraóns, por exemplo, facíanse preceder de catro estandartes sagrados, e a aguia era a insignia das lexións romanas. Sobre os outros distintivos, a bandeira ten a vantaxe de ser identificable a unha gran distancia, porque ondea vistosamente, despregada polo vento o polo movemento de quen a porta. Seguramente foron os chineses os primeiros en empregala. Existe constancia de que foi utilizada mil anos antes da era cristiá....

      2. Obxecto que reproduce o anterior en tea, papel ou outro material, empregado con fins diferentes.

      3. Pintura ou representación das cores da bandeira en papeis, muros, insignias, tecidos, etc. SIN: pavillón.

      4. Nacionalidade á que pertencen os buques mercantes que a portan.

    1. Causa ou ideoloxía defendida por alguén.

    2. Folla intercalada nun libro de maior dimensión cás outras e, ás veces, tamén doutra calidade, onde se representan debuxos, cadros, estatísticas, etc.

      1. Unidade militar que segue unha bandeira.

      2. Unidade militar equivalente a un batallón.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe dubidosa. Podería proceder dun alcume, xa que na época medieval se atestan documentacións como: “Pelagio Odoariz Bandaeira” (doc ano 1161 en P. García de P. García de Loscertales Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes I, 1976, p 313), “Pelagius Oduarit ditus Mandanaria” (doc ano 1168 en P. García de P. García de Loscertales Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes I, 1976, p 382), “Pelagius Odoarii ditus Bandaneira” (doc ano [s12] en P. García de Loscertales Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes I, 1976, p 328). De ter Bandaeira ou Bandaneira e Mandanaria a mesma orixe, poderiamos estar ante derivados do verbo de orixe xermánica mandjan ‘alegrarse, estar contento’, de maneira que este apelido tería o significado de ‘persoa alegre, que goza’; aínda que é estraño que presente xénero feminino sendo un alcume aplicado a homes. Tamén existe a posibilidade de que este apelido teña orixe nos...

    2. Liñaxe que estableceu a súa casa primitiva en Braga, antiga Bracara Augusta e capital do reino sur da Gallaecia, no s V. Relaciónanse tamén con esta estirpe os apelidos Bandeirín e Labandeira. As súas armas levan, en campo de azul, unha bandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO