"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Considerado o pai da poesía latina, compuxo traxedias, comedias, libros de sátiras e pequenos poemas. Os seus Annales, 18 libros en que narra a historia de Roma, foron a epopea nacional ata a Eneida. Adaptou o hexámetro e influíu en Virxilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de ennobrecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante e político. En 1867 negouse a aceptar a caída do shōgunato e proclamou a República de Hakodate, polo que foi condenado e encarcerado. Liberado en 1871, foi nomeado vicealmirante e embaixador en San Petersburgo (1874) e Pequín (1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de enquistarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de enraizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de enranciar.

    2. Fenómeno de autólise, principalmente debido a procesos de hidrólise ou de oxidación, das substancias lipídicas que poden sufrir os alimentos durante a súa conservación, co que resultan modificadas as súas propiedades organolépticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de enrarecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de enriar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1014-1024), rei de Alemaña (1002) e de Italia (1004), e duque de Baviera (995). Por mor das súas deficiencias físicas, recibiu tamén os alcumes de o Coxo ou o Paralítico. Despois da súa coroación como rei de Alemaña, enfrontouse con Arduíno de Ivrea, usurpador do trono de Italia, ao que derrotou (1004). Coroado emperador en Roma, favoreceu as reformas monásticas pero conservou o dominio sobre a Igrexa. Polo Tratado de Bautzen (1018) perdeu,   fronte ao duque de Polonia, a rexión da Lusacia, que acadou a independencia. Casado con Cunegunda de Luxemburgo, fundou o bispado de Bamberg e foi canonizado en 1146. É avogoso da asma e a súa festa celébrase o 13 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de enriquecer ou enriquecerse.

    2. Incorporación de substancias, principalmente vitaminas, sales minerais e aminoácidos, aos alimentos para elevar o seu valor nutritivo. Realízase en alimentos básicos, como a fariña con vitaminas do complexo B, leite en po con vitamina D, ou zumes de froita  con vitamina C, e tamén en preparados dietéticos; pero non se poden empregar doses terapéuticas.

    3. Proceso realizado para incrementar a proporción en que se presenta un compoñente dunha mestura, en detrimento dos outros. O enriquecemento de uranio, por exemplo, ten como finalidade aumentar a proporción de uranio 235, que é o material fisible, presente nunha mostra de uranio natural. Este proceso pódese realizar por difusión gasosa ou por centrifugación. Nos dous casos conséguese que a proporción do 235 U pase do 0,72% a preto do 3%.

    4. Incremento dun patrimonio en detrimento doutro sen causa xurídica. Para que se declare, debe existir unha relación causal entre o empobrecemento dun patrimonio e o enriquecemento do outro. A lei obriga, a quen se enriqueceu deste xeito, a restituír o beneficio, se se obrou de mala fe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Traballador de Citroën, participou nas loitas obreiras dos anos setenta e foi elixido concelleiro do Concello de Vigo na primeira corporación democrática por Unidade Galega (1979). Promoveu o asociacionismo veciñal e o cooperativismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e diplomático, fillo de Diego Enríquez, conde de Alba de Liste. Conde de Fuentes de Val de Opero e grande de España, foi nomeado embaixador en Turín en 1586; foi xeneral de cabalería en Milán antes de ser capitán xeneral do exército de Portugal (1588). Destinado a Flandres en 1592, Filipe II nomeouno gobernador xeral dos Países Baixos en 1595. En 1596 foi nomeado capitán xeneral dos exércitos españois. Entre 1600 e 1610 gobernou o Milanesado. Foi membro dos consellos de estado e de guerra de Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. Almirante de Castela, duque de Medina de Rioseco e conde de Melgar. Foi mestre de campo en Lombardia en 1671, embaixador extraordinario no Vaticano para a elección do Papa Inocencio XI e gobernador e capitán xeneral do Milanesado desde 1678. En 1688 nomeárono vicerrei de Catalunya. Designado tenente xeneral do rei sobre Andalucía, Extremadura, Canarias, as posesións africanas e o Mediterráneo, foi despoxado de todos os seus títulos e cargos tralo Motín dos Gatos. En 1702 Filipe V nomeouno embaixador en Francia, pero fuxiu a Portugal, desde onde apoiou o arquiduque Carlos de Austria na Guerra de Sucesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Foi deputado por Valdeorras (1872-1873; 1898-1899; 1901-1903), por Ponferrada (1893-1895) e senador pola Coruña (1896-1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de enrodelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de enrolar ou enrolarse.

    2. Conxunto de condutores illados, enrolados ao redor dun núcleo magnético ou dispostos en rañuras, que constitúen o circuíto eléctrico de certos aparatos e especialmente das máquinas eléctricas. Adoitan estar divididos en bobinas conectadas convenientemente. Os condutores son normalmente de cobre electrolítico ou ben de aluminio, en forma cilíndrica ou barras trefiladas. O illamento pode ser de diversas especies, como algodón, seda, mica ou esmalte. Os enrolamentos poden ser indutores, se reciben corrente, ou inducidos se a subministran. Segundo a súa distribución espacial hai enrolamentos concentrados e distribuídos. Nas máquinas de corrente continua empregouse o enrolamento de anel, ideado por Pacinotti en 1861, que foi substituído polo enrolamento de tambor, que pode ser ondulado ou imbricado. Algunhas máquinas dispoñen ademais de enrolamentos de conmutación e de compensación. Nas máquinas de corrente alterna os enrolamentos adoitan ser trifásicos ou monofásicos, xeralmente distribuídos...

    3. Conformación dun metal que consiste en enrolar o extremo dunha chapa plana para obter un ollo, un bordo ou un rizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de enrolar ou enrolarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de enrouquecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista educativa de tendencia católica editada en Ourense a partir do 1 de outubro de 1875. Tiña unha periodicidade quincenal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de ensimesmarse.

    VER O DETALLE DO TERMO