enriquecemento
(< enriquecer)
-
s
m
Acción de enriquecer ou enriquecerse.
-
s
m
[ALIM]
Incorporación de substancias, principalmente vitaminas, sales minerais e aminoácidos, aos alimentos para elevar o seu valor nutritivo. Realízase en alimentos básicos, como a fariña con vitaminas do complexo B, leite en po con vitamina D, ou zumes de froita con vitamina C, e tamén en preparados dietéticos; pero non se poden empregar doses terapéuticas.
-
s
m
[QUÍM]
Proceso realizado para incrementar a proporción en que se presenta un compoñente dunha mestura, en detrimento dos outros. O enriquecemento de uranio, por exemplo, ten como finalidade aumentar a proporción de uranio 235, que é o material fisible, presente nunha mostra de uranio natural. Este proceso pódese realizar por difusión gasosa ou por centrifugación. Nos dous casos conséguese que a proporción do 235 U pase do 0,72% a preto do 3%.
-
enriquecemento ilícito
[DER]
Incremento dun patrimonio en detrimento doutro sen causa xurídica. Para que se declare, debe existir unha relación causal entre o empobrecemento dun patrimonio e o enriquecemento do outro. A lei obriga, a quen se enriqueceu deste xeito, a restituír o beneficio, se se obrou de mala fe.
Refráns
- a conto é que eu teña, veña de onde veña.
- A dar ninguén se pon rico.
- a que merca e fía, non mercará leiras nin viñas.
- a que queira crecer sen se botar a perder, ten moito que saber e que aprender.
- a que queira ser rico, que queime o carabullo polo bieo.
- a rabusco non enriquece.
- ante vaqueiro e hoxe cabaleiro.
- Cando ao mín fan señor, non hai coitelo peor.
- Co rabusco non se medra.
- En gando tratarás e medrarás.
- Hoxe cabaleiro e onte porqueiro.
- Merca barato e vende caro, verás como creces de contado.
- Ninguén entre no ben, senón mirando como ha saÍr del.
- Non crece o río con auga limpa.
- Non dea Deus tanto ben aos amigos, que nos descoñeza.
- Non pidas a quen pediu nin sirvas a quen serviu.
- Non sirvas a quen serviu nin mandes a quen mandou.
- Non sirvas a quen serviu nin pidas a quen pediu.
- Non sirvas a quen serviu nin roubes a quen roubou.
- Non trates con rico empobrecido nin con pobre enriquecido.