enriquecemento

enriquecemento

(< enriquecer)

  1. s m

    Acción de enriquecer ou enriquecerse.

  2. s m [ALIM]

    Incorporación de substancias, principalmente vitaminas, sales minerais e aminoácidos, aos alimentos para elevar o seu valor nutritivo. Realízase en alimentos básicos, como a fariña con vitaminas do complexo B, leite en po con vitamina D, ou zumes de froita  con vitamina C, e tamén en preparados dietéticos; pero non se poden empregar doses terapéuticas.

  3. s m [QUÍM]

    Proceso realizado para incrementar a proporción en que se presenta un compoñente dunha mestura, en detrimento dos outros. O enriquecemento de uranio, por exemplo, ten como finalidade aumentar a proporción de uranio 235, que é o material fisible, presente nunha mostra de uranio natural. Este proceso pódese realizar por difusión gasosa ou por centrifugación. Nos dous casos conséguese que a proporción do 235 U pase do 0,72% a preto do 3%.

  4. enriquecemento ilícito [DER]

    Incremento dun patrimonio en detrimento doutro sen causa xurídica. Para que se declare, debe existir unha relación causal entre o empobrecemento dun patrimonio e o enriquecemento do outro. A lei obriga, a quen se enriqueceu deste xeito, a restituír o beneficio, se se obrou de mala fe.

Refráns

  • a conto é que eu teña, veña de onde veña.
  • A dar ninguén se pon rico.
  • a que merca e fía, non mercará leiras nin viñas.
  • a que queira crecer sen se botar a perder, ten moito que saber e que aprender.
  • a que queira ser rico, que queime o carabullo polo bieo.
  • a rabusco non enriquece.
  • ante vaqueiro e hoxe cabaleiro.
  • Cando ao mín fan señor, non hai coitelo peor.
  • Co rabusco non se medra.
  • En gando tratarás e medrarás.
  • Hoxe cabaleiro e onte porqueiro.
  • Merca barato e vende caro, verás como creces de contado.
  • Ninguén entre no ben, senón mirando como ha saÍr del.
  • Non crece o río con auga limpa.
  • Non dea Deus tanto ben aos amigos, que nos descoñeza.
  • Non pidas a quen pediu nin sirvas a quen serviu.
  • Non sirvas a quen serviu nin mandes a quen mandou.
  • Non sirvas a quen serviu nin pidas a quen pediu.
  • Non sirvas a quen serviu nin roubes a quen roubou.
  • Non trates con rico empobrecido nin con pobre enriquecido.