enriquecer

enriquecer

(

  1. v t

    Converter a alguén en rico.

    Ex: Tivo que traballar porque a herdanza non o enriqueceu.

  2. v t

    Aumentar a riqueza de algo ou daquilo do que está formado.

    Ex: O esterco enriquece os solos de nutrientes.

  3. v t

    Facer a algúen máis rico en coñecementos.

    Ex: A lectura enriquece as persoas. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Algúns programas televisivos enriquecen moito e outros nada.

  4. v t

    Facer algo máis grandioso ou valioso.

    Ex: A súa obra enriquece a literatura galega. A muralla enriquece a cidade.

  5. v i e pron

    Facerse rico.

    Ex: Non sabemos cómo, pero o caso é que enriqueceu da noite para a mañá. Ese empresario enriqueceuse á conta do traballo dos seus empregados.

  6. v i e pron

    Facerse algo máis valioso ou máis abundante.

    Ex: O solo enriqueceu cos fertilizantes.  O museo enriqueceuse coas novas doazóns.

  7. v pron

    Facerse máis culto ao adquirir máis coñecementos.

    Ex: Todos se enriquecen escoitando as súas conferencias.