Enríquez

Enríquez
  1. [ONOM]

    Apelido patronímico que procede do nome persoal de orixe xermánica Enrique + o sufixo patronímico -ez/-iz/-es (‘fillo de Enrique’). Documéntase no s XII: “Didaco Enriquiz” (doc ano 1125 en Manuel Lucas Álvarez, El tumbo de san Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 159).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae como armas un escudo mantelado: primeiro e cuarto, en campo de goles, cun castelo de ouro; mantel de prata, cun león rampante de goles. Outra variante leva un escudo mantelado; primeiro e segundo, en campo de goles, cunha torre de ouro; mantel de prata, cun león rampante de goles.