"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Acción e efecto de ensoberbecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de entaboar.

      1. Conxunto de elementos arquitectónicos horizontais que coroan un edificio de estilo clásico. Os elementos que o forman, arquitrabe, friso e cornixa, varían, o mesmo que a súa proporción, segundo a orde arquitectónica empregada. No caso das ordes superpostas, os entaboamentos intermedios só están formados por arquitrabe e friso, e o superior ten os tres elementos cun tamaño proporcional ao edificio completo.

      2. Estrutura horizontal composta por molduras que serve de remate a columnas, pilastras, piares ou a un edificio.

      3. Remate dun edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de entallar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de entebrecer ou entebrecerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de entender ou entenderse.

    2. Bo xuízo e sentido común para obrar e xulgar de maneira correcta.

    3. Facultade dos seres humanos que permite pensar, comprender e razoar. Na filosofía medieval era a facultade da función intelectual. No empirismo relacionouse coa intuición e limitouse ao terreo da pura percepción. Para E. Kant estrutura os contidos da experiencia e contraponse á razón, e para G. W. F. Hegel é o pensamento finito limitado pola contradición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de entenrecer ou entenrecerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunicación lonxitudinal ou lateral de dúas asas intestinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cálculo ou concreción intestinal, moi frecuente nos animais herbívoros por mor da súa alimentación, rica en sales minerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo aos enteropneustos.

    2. Verme da clase dos enteropneustos.

    3. Clase de hemicordados de corpo vermiforme e viscoso, dividido nunha probóscide, colar e tronco de forma alongada. A parede corporal aparece dividida en epiderme, plexo nervioso, músculos e peritoneo. O aparato dixestivo fórmano a boca, a farinxe, o esófago, o intestino e o ano, mentres que o aparato excretor consta dun glomérulo. O intercambio gasoso realízase mediante un sistema branquial; a parede corporal e o aparato circulatorio son abertos, cun vaso dorsal e outro medio ventral. O sistema nervioso consta dun plexo subepitelial e de cordóns nerviosos. Presentan múltiples gónadas e a fecundación é externa. Coa probóscide buscan o alimento, grazas á mucosidade que a recobre e na que se prenden as partículas alimenticias, mentres permanecen ocultos baixo pedras ou cubertos pola lama ou area en tobos en forma de U e a máis de medio metro de profundidade. Son animais solitarios propios da zona intermareal. Os xéneros máis característicos son Balanoglossus e Saccoglossus....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descenso dunha parte do intestino, especialmente do colon transverso, dentro da cavidade abdominal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Incisión que se realiza, en caso de obstrución, nunha asa intestinal, para evacuar as materias fecais ou corpos estraños.

    2. Sección do esporón dun ano artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de enfermidades provocadas pola proliferación dalgunhas bacterias do xénero Clostridium, produtoras de enterotoxinas ao longo dos intestinos e que son típicas do gando ovino. Preséntanse a consecuencia de modificacións da flora microbiana normal do intestino, feito que favorece o desenvolvemento doutro tipo de microorganismos de carácter oportunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exotoxina de natureza polipeptídica que, inxerida ou producida no intestino, afecta ao funcionamento da mucosa intestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de enterrar.

    2. Lugar onde se enterra un cadáver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘dentro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariación da frecuencia fundamental (ton) entre os diferentes sons lingüísticos que forman un enunciado, que produce unha impresión auditiva semellante ao dunha melodía. O ton, a duración e a intensidade dos diferentes sons dunha secuencia constitúen os trazos prosódicos ou suprasegmentais; esta designación fai referencia a que, en linguas coma o galego, o valor de calquera destas variables non é relevante en cada segmento fónico de forma illada, senón que o é a variación ou o contraste que se produce entre uns segmentos e outros nunha cadea fónica. O estudo da entoación é unha materia complexa e ten sido abordado desde diferentes perspectivas, non sempre compatibles. Segundo a perspectiva que se adopte, distínguense diferentes unidades ou ámbitos de entoación e diferentes trazos relevantes. En calquera caso, na maioría das aproximacións considéranse lingüisticamente relevantes certos movementos da frecuencia fundamental, como ascensos marcados do ton en certas sílabas (o acento de entoación,...

      1. Forma de emitir a voz humana unha nota musical. Pode ser xusta, cando a nota ten a altura exacta prevista, e falsa, cando é máis alta ou máis baixa.

      2. Ton que se adopta ao comezar a cantar un fragmento musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen entoa.

    2. Persoa encargada de mover os foles do órgano para que este soe.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dar un ton determinado á voz ao cantar ou falar.

      2. Dar o ton preciso ao que se canta ou toca.

      3. Comezar a cantar unha persoa para dar o ton aos demais.

      4. Cantar unha canción, un himno, etc.

    1. Facer que os tons ou cores dunha cousa estean en harmonía co contorno.

    2. Poñerse a ton.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que un animal entre no tobo. Ex. Fixestes tanto ruído que entobastes os coellos. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto.

    2. Poñer algo fóra da vista.

    3. Meterse un animal no tobo.

    4. Ocultarse alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer tolas.

    VER O DETALLE DO TERMO